28.6.09

Ascenso y caída del tigre celta irlandés

(traductor gallego-español)

"Vexamos algo sobre a explicación do éxito económico de Irlanda, como botón de mostra, que fai un importante asesor de organizacións e gobernos, Robert Shapiro (2009) -foi subsecretario de Comercio con Clinton. Segundo conta, en 1985, Irlanda tiña un déficit do 10% e foi advertida por FMI que fixo unha serie de recomendacións que as tomou "en serio" e grazas a elas reduciu os fondos para sanidade, educación (que creceran considerablemente os últimos anos), estradas, vivenda e agricultura.

O novo goberno de Fianan Fail ampliou aínda máis os recortes e estableceu un acordo entre sindicatos e empresas para limitar os aumentos salariais. Ademais, adoptou diversas medidas para atraer empresas americanas e británicas, conseguindo investimentos estranxeiros que chegaron ata os 500.000 millóns de dólares, o dobre do PIB do país. Iso foi froito de establecer un bo paquete de exencións fiscais cun imposto de sociedades do 12,5 e ningún imposto sobre o beneficio das exportacións, chegando a exportar o 85% do que fabricaba.

Alí instaláronse 7 das 10 empresas máis importantes do mundo das TIC, así como empresas farmacéuticas, fabricantes de material médico, etc. Tamén privatizou as telecomunicacións e incremento a inversións -iso si- en educación para crear unha forza laboral "cualificada e barata". Con estas receitas tan ben implementar conseguiron un crecemento anual do 6%, atraeron inmigración e conseguiron superávit.

Un dos problemas é que non incrementou a inversión I+D+i, estando á cola de Europa, nin creou empresas nacionais e pouco inverteu en infraestruturas. Coa crise o investimento estranxeiro afundiuse e converteuse no primeiro país da U.E en entrar en recesión e derrubouse un 7,5% no último trimestre do ano pasado. Os principais bancos do país tiveron que ser intervidos.

Hoxe, Irlanda, é un exemplo da aplicación das políticas neoliberais. Cunha taxa de paro que chega case ao 18%, con enormes desigualdades e un estado de mínimos, con baixos niveis de protección social" (Eduardo Rego: A caída do tigre celta e as recomendacións de Jean- Claude Trichet. Vieiros, 27/06/2009)

No hay comentarios:

Publicar un comentario