30.1.19

Así é a situación laboral da mocidade galega: máis do 50% non ten ningunha ocupación

"A maior parte dos mozos galegos non traballa, non ten ningún tipo de ocupación, e, entre os que traballan, aumentan os contratos parciais. Son datos tirados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Dos 317.900 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 122.300 (o 38,5%) están ocupados, 33.400 (o 10,5%) son parados e os 162.100 (o 51%) restantes son inactivos. Representan unha porxentaxe moi pequena do conxunto da masa traballadora galega, menos do 20%.

De feito, en Galicia había 873.300 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2018, 646.500 con contrato indefinido e os 226.800 restantes con contrato temporal. E, a situación pode ir a peor porque segue baixando a poboació ocupada. Así, a poboación de 16 anos e máis en Galicia diminuiu o pasado ano a 2.334.300 persoas, 2.000 menos que un ano antes.   (...)

E se se analiza a poboación en idade laboral menor de 29 anos, a ocupación baixa ao 38,5% no cuarto trimestre de 2018. Fronte ao trimestre anterior diminúe 0,5 puntos. De feito, a taxa de paro xuvenil sitúase no 21,5% neste trimestre, aínda que diminúe 2,3 puntos respecto ao trimestre anterior.

TIPO DE TRABALLO

E como é o traballo dos máis mozos?. (...) Deste xeito, a taxa de temporalidade para este colectivo sitúase no 57,5% (...)"                (Galicia Confidencial, 29/01/19)

No hay comentarios:

Publicar un comentario