8.1.26

Bruno Lopes Teixeiro (Ferrol, 1978), militante do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes, está citado ante a xustiza o 10 de marzo para responder por un presunto delito de odio en redes sociais. A Brigada de Información da Garda Civil acusa o activista de antisemitismo: "Recollen oito chíos meus, todos de contido antisionista, ao que eles lle chaman antisemita... hai unha tendencia, polo que sei, a nivel europeo, e creo que xa se aplica no Reino Unido e creo que tamén en Francia, precisamente polas presións deste lobby sionista de equiparar o antisionismo ao antisemitismo, e non son o mesmo... Eu creo que me escollen como cabeza de turco, digamos, dun movemento que, a nivel galego, leva mantendo unhas mobilizacións [en Prol de Palestina] durante dous anos... Nin así nos van calar, porque denunciar os culpábeis e os cómplices do xenocidio e a ocupación constitúe un mínimo democrático"

 "—A Brigada de Infromación da Garda Civil acúsao dun presunto delito de odio nas redes sociais. En que se basea?
A día de hoxe non teño aínda o que seria o dossier xudicial, teño a citación e o escrito da Fiscalía, no que vén a dicir que, recibida unha denuncia oficiosa da Brigada de Información da Comandancia da Coruña, hai contido antisemita incitador ao odio e que se procede a realizar as xestións oportunas para investigalo. Entón, a partir de aí, recollen oito chíos meus, todos de contido antisionista, ao que eles lle chaman antisemita.

(Susana Rois, Nós, 08/01/26)

No hay comentarios: