"... hoxe ímonos centrar na evolución recente dos acreedores da débeda soberana española:
Gráfico 1. Evolución dos acreedores da débeda soberana española 2007-2012 (millóns de euros).
O gráfico 1, mostra cómo en 2007, os
inversores estranxeiros posuían o 45,52% da débeda pública española,
mentres que en 2012 esa porcentaxe diminuíu ata o 31,46%, e seguirá
baixando. Si os inversores estranxeiros foxen da débeda soberana
española, tanto vendendo no mercado secundario os títulos antigos, como
non acudindo ás novas poxas, iso significa que a débeda soberana
española está cada vez máis en mans das entidades españolas.
O gráfico 2
mostra como se distribúe a débeda soberana española entre os diferentes
posuidores. Efectivamente, en abril de 2012, o 68,53% do total de
débeda soberana está xa en mans de entidades españolas.
Gráfico 2. Débeda da banca española co BCE (millóns de euros).
Ese cambio de mans prodúcese cando o
BCE comezou a inxectar sen límite liquidez ás entidades bancarias, a un
custo ao redor do 1%, que os bancos aproveitaron, non para que fluíra o
crédito a familias e empresas, como era o obxectivo, senón para obter
rendibilidades moito máis altas e inmediatas, comprando débeda pública
española.
O gráfico 3, amosa como a débeda da banca española co BCE multiplicouse por seis dende abril de 2011 a abril de 2012. Coincidindo esta nova voracidade da banca española co desexo dos inversores estranxeiros de abandonar a débeda españolas a medida que as dúbidas sobre a nosa economía se incrementaban.

Gráfico 3. Posuídores da débeda soberana española, abril 2012 (millóns de euros).
Si agora é o estado o que ten que
asumir 100.000 millóns de euros de débeda pública adicional para
inxectala nos mesmos bancos que son os principais posuidores e
compradores da débeda pública soberana que emite o estado, e fácil
entender por qué hai días Stiglizt prognosticaba que o rescate non
funcionará:
"Si o goberno rescata aos bancos e a banca rescata ao
goberno, o sistema convértese nunha economía vudú. Non está funcionando e
non funcionará".
Salvo que o amañen meigas e trasnos. Que diso, por aquí hai." (A furada do trasno, 28/06/2012)
Salvo que o amañen meigas e trasnos. Que diso, por aquí hai." (A furada do trasno, 28/06/2012)

No hay comentarios:
Publicar un comentario