28.6.12

Si o goberno rescata aos bancos e a banca rescata ao goberno, o sistema convértese nunha economía vudú

"... hoxe ímonos centrar na evolución recente dos acreedores da débeda soberana española:

 Gráfico 1. Evolución dos acreedores da débeda soberana española 2007-2012 (millóns de euros).

O gráfico 1, mostra cómo en 2007, os inversores estranxeiros posuían o 45,52% da débeda pública española, mentres que en 2012 esa porcentaxe diminuíu ata o 31,46%, e seguirá baixando. Si os inversores estranxeiros foxen da débeda soberana española, tanto vendendo no mercado secundario os títulos antigos, como non acudindo ás novas poxas, iso significa que a débeda soberana española está cada vez máis en mans das entidades españolas. 

O gráfico 2 mostra como se distribúe a débeda soberana española entre os diferentes posuidores. Efectivamente, en abril de 2012, o 68,53% do total de débeda soberana está xa en mans de entidades españolas.


Gráfico 2. Débeda da banca española co BCE (millóns de euros).

Ese cambio de mans prodúcese cando o BCE comezou a inxectar sen límite liquidez ás entidades bancarias, a un custo ao redor do 1%, que os bancos aproveitaron, non para que fluíra o crédito a familias e empresas, como era o obxectivo, senón para obter rendibilidades moito máis altas e inmediatas, comprando débeda pública española.

O gráfico 3, amosa como a débeda da banca española co BCE multiplicouse por seis dende abril de 2011 a abril de 2012. Coincidindo esta nova voracidade da banca española co desexo dos inversores estranxeiros de abandonar a débeda españolas a medida que as dúbidas sobre a nosa economía se incrementaban.


  Gráfico 3. Posuídores da débeda soberana española, abril 2012 (millóns de euros).

Si agora é o estado o que ten que asumir 100.000 millóns de euros de débeda pública adicional para inxectala nos mesmos bancos que son os principais posuidores e compradores da débeda pública soberana que emite o estado, e fácil entender por qué hai días Stiglizt prognosticaba que o rescate non funcionará: 

"Si o goberno rescata aos bancos e a banca rescata ao goberno, o sistema convértese nunha economía vudú. Non está funcionando e non funcionará".

Salvo que o amañen meigas e trasnos. Que diso, por aquí hai."        (A furada do trasno, 28/06/2012)

No hay comentarios: