25.4.14

O argumento de que vivíamos por riba das nosas posibilidades saíu do departamento de marketing do Deustche Bank, qué curioso..


"(...) Si. As  cousas  son  o  que  son. A  actual crise  financeira  é  unha  crise  financeira é  unha  crise  financeira é unha  crise  financeira é unha  crise  financeira. Si. As cousas  son  o  que  son. 

¿ Por qué o BCE pode  prestar  diñeiro  aos  bancos  ao 1% para  que  despois  estes  compren  bonos dos  estados  ao  2,  3, 4, ou  5% ?. ¿ Por qué,  noutras  palabras,  o BCE  pode  financiar  bancos,  axudando  aos  seus  accionistas,  eses  happy  few  que  xamais  perden,  pero  ten  prohibido financiar  directamente  aos  Estados ?.  (...)

La crisis en clave de humor... inglés


Non  só  en  España, pero  especialmente  en  España,  transformouse  a débeda  privada,  produto do  estúpido boom inmobiliario  que  asolou  o  territorio,  en  déficit  e  débeda  públicas. A  través  das  así  chamadas  políticas  de austeridade por  un  xogo  de  mans, digno de  trileros,  toda  a  política  económica  foi  posta  ao  servizo de  volver  a encher  os  petos  dos  bancos  que  tiñan,  e  teñen,  un  enorme  furado.

 Ese  foi  o  sentido  do  famoso  rescate que  non existiu…. pero  que  hai  que  pagar. Aos  inxenuos  díxoselles  que  viviran  por riba  das  súas posibilidades, e  moitos crérono.Por  certo,  o  argumento  saíu  do  departamento  de  marketing  do  Deustche  Bank, qué  curioso..(...)

 A  baixa  de  salarios,  os  recortes  en  sanidade  e  educación, o adelgazamento  das  administracións  públicas, os copagos,  e  unha  longa  lista  de  medidas  que  enchería  grosos  tomos,  foron  debuxadas  para  salvar  ao  capitalismo financeiro. (...)

Co  que  hai  que  quedarse,  en  definitiva  é  con  isto. En  España  é posible  xerar un  paro  enorme,  empobrecer  a  unha poboación  ferozmente,  retirándolle  dereitos  que se  daban  por  firmes  e  establecidos,  sen  que  se  escoite  o  vo dunha mosca. E  cando  se  escoita,  caso  da  manifestación  do  pasado  22-M  en  Madrid,  todo  se  reduce  a  unha  cuestión  de orde  pública  grazas  a  unha  intervención  policial  pensada  para  alterala.

 É  máis: en  España  é  posible  conseguir  que a  xente  se  culpe  a  si  mesma,  no  mesmo  momento  en  que  as  elites  do  seu  país  lle  toman  o  pelo con  premeditación e  alevosía. É  para  quedar  atónito,  estupefacto, sorprendido  ata  a  médula. Así  estamos"                 (Antón Baamonde, blog, El País, 22 de abril de 2014)

No hay comentarios:

Publicar un comentario