26.1.16

Colectivos vigueses chaman á mobilización contra os desafiuzamentos

"Colectivos vigueses levarán a cabo unha concentración este xoves ás 16.30 horas na Farola de Urzáiz, como denuncia aos continuos desafiuzamentos e desaloxos que seguen producíndose na cidade. (...)

 Sinalan, sobre todo, dous casos: o da familia de Teis de tres integrantes (un adulto cunha minusvalía do 49%, a súa irmá de 19 anos e a nai de ambos, de 60) e o dunha parella do Calvario (Israel e María)

Precisamente para evitar o desaloxo de Israel e María estaba tamén convocada unha concentración ante a súa vivenda, pero o lanzamento foi adiado uns días, grazas ás xestións da PAH. 

As entidades entenden que este aprazamento -en principio, dunha semana- pode ser importante para "acumular forzas, axuntar vontades e presionar as Administracións local e a Xunta para que senten a negociar un protocolo de solución". (...)

O caso de María e Israel

María (45 anos) e Israel (42) son unha parella do Calvario, con quen convive o seu sobriño Borja. El foi entrando e saíndo de traballos e ela era representante comercial, pero quedou no paro hai tres anos, sobrevivindo os tres grazas ás axudas sociais: 370 euros do subsidio de desemprego e outros 133 da RISGA, cos que teñen que pagar 400 euros mensuais de alugueiro, ademais da luz, auga e alimentación

Os propietarios da vivenda fóronlles perdoando uns recibos que hai un tempo que non poden aboar, chegando a acumular unha débeda de 10 mil euros cos seus caseiros.  (...)"     (Praza Pública, 21/01/16)

No hay comentarios:

Publicar un comentario