"Es un problema porque se
están dando tratamientos oncológicos a pacientes que no tienen más
perspectiva que un par de meses por delante y estamos gastando medio
millón de euros por ganar el equivalente a un año de vida ajustado por
calidad".
Este é o argumento que esgrime Beatriz González
López-Valcárcel para reducir gasto na sanidade pública, retirando
tramentos oncolóxicos a algúns enfermos de cancro. Esta científica foi
convidada polo PP para intervir na comisión de investigación sobre a
sanidade, no Parlamento galego.
Para xustificar o seu posicionamento sobre a relación
custo/efectividade de determinados tratamentos sanitarios, González
López criticou que se estea gastando cartos na atención oncolóxica en
pacientes cunha esperanza de vida limitada. "La sociedad tiene que
plantearse si vale la pena o no utilizar" determinados tratamentos,
afirmou.
González, sen rubor ningún, mediu o valor das vidas
deses enfermos aos que propón retirar os tratamentos en medio millón de
euros, que presentou como un sobrecusto para as arcas públicas.
"Este medio millón de euros produciría muchísima más salud utilizado en otros programas", dixo.
Non quedou aí a cousa. González López tamén incluíu os
enfermos de hepatice C en fase de fribrose F0 e F1, aos que propón non
administrar antivirais directos, para aforrar aínda máis. (...)
Que dixo o PP durante a comparecencia de González López? Pois que "os recortes non matan" ou que "se pode facer máis con menos [cartos]".
Así o expresou o deputado e portavoz do partido conservador na
comisión, Aurelio Núñez Centeno, quen colleu ese argumento da propia
González López.
O representante do PP non dubidiu en recuperar tamén
os argumentos da comparecente sobre a administración de tratamentos a
enfermos con hepatite C para defender a xestión da Xunta na
administración de medicamentos a estes doentes, trala crise polas mortes
de varios pacientes que non tiveron acceso aos tratamentos e polas que
hai unha causa xudicial aberta.
O deputado popular mesmo chegou dicir que "a xente pensa que non se pode morrer", reforzando a posición de González López. (...)
QUEN É BEATRIZ GONZÁLEZ LÓPEZ?
Profesora de Métodos Cuantitativos en Economía e
Xestión na Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González é
especialista en Economía de la Salud e doutora en Económicas.
Tamén é consultora internacional en México, Brasil,
Arxentina, Chile, Uruguai, Costa Rica, Panamá e Mozambique. En España,
para o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e para a
Axencia Catalá de Avaliación de Tecnoloxías entre outras institucións.
Foi condecorada coa Cruz da Orde do Mérito Civil de
Sanidade (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) en 2011;
Filla adoptiva da Cidade das Palmas de GC (nomeada polo Concello da
cidade) e da illa de Gran Canaria, nomeada polo Cabildo Insular de Gran
Canaria en 2017; Can de prata da ciencia outorgado polo Cabildo Insular
de GC (2012); e Profesora Honoris Causa da Universidade Isalud (Buenos
Aires) en 2015. Tamén foi incluída no grupo das 100 mulleres máis
influentes de España, grupo "pensadoras e expertas" (2017)." (Galicia Confidencial, 30/11/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario