"O cadáver dunha muller, de idade avanzada, apareceu na mañá deste luns
nun domicilio da Coruña cando ían a desahuciarla. Desde a Policía
Nacional, unicamente se confirmou que se achou unha persoa morta e que,
nestes momentos, non se descarta "ningunha hipótese" sobre a causa da
súa morte.
"Pode ser que a morte non sexa natural, está a investigarse", indicaron as fontes policiais.
Fontes consultadas ratificaron tamén que hai unha liña de investigación aberta despois de que a comitiva xudicial descubrise o cadáver da muller, unha persoa maior que residía no número 15 da rúa Perú.

As mesmas fontes indicaron que se estaría buscando a filla da falecida,
aínda que, polo momento, desde a Policía Nacional non houbo
confirmación á espera de que avance a investigación." (Galicia Confidencial, 25/03/19)
"Investigan un posible suicidio asistido na Coruña dunha persoa que ía ser desafiuzada.
Unha muller de 71 anos foi achada morta na súa vivenda na Coruña e buscan á súa filla, que convivía con ela e que non puido ser localizada, informan a Efe fontes da investigación.
A septuaxenaria foi atopada onte sen vida no seu domicilio da rúa Perú pola comisión xudicial que ía botala da súa casa. A policía investiga o caso e despregou un dispositivo para buscar á filla da anciá porque non se descarta ningunha posibilidade, entre elas que se trate dun suicidio asistido.
De feito, esta muller deixou unha nota autoinculpándose do sucedido." (Galicia Confidencial, 26/03/19)

No hay comentarios:
Publicar un comentario