9.3.10

El agujero de las Cajas de Ahorro gallegas

(traductor gallego-español)

"Os fillos de Gayoso e Méndez e a situación real das caixas

Dous pactos de silencio coartan o debate nos medios sobre fusión das caixas. O primeiro, a verdadeira situación económica de Caixa Galicia e Caixanova, argumento que entre liñas usan os socialistas para explicar a súa oposición a unión. O segundo, a evidente responsabilidade dos actuais dirixentes nos grises balances das entidades financeiras galegas. Carlos Príncipe, ex-alcalde Vigo acaba de dinamitar este último pacto. (...)

"O fillo de Gayoso está dirixindo unha empresa que se chama R, con participación maioritaria de Caixavigo", explica Príncipe na Crónica da Radio Galega. O ex-senador explica que Caixanova pagou demasiados cartos a Fenosa cando a eléctrica desfíxose das súas accións na operadora galega de telecomunicacións.

Príncipe tamén acusa a Gayoso de facilitar créditos para operacións nas que están involucrados os seus familiares . "O xenro de Gayoso é director de Povisa, que a súa vez é fillo de Solveira, que está en Remolcanosa, e compraron o canon cun crédito de Caixanova", escoitase no corte audio, editado polo blogueiro Imeneo.


O socialista tamén ataca a Méndez. Na súa versión, a recente venda de accións por parte de Caixa Galicia da petroleira GALP tería sido un venda apresurada, a menor prezo do real, para lograr liquidez. A venda, foi executada por José Luis Méndez López, responsábel de CXG, corporación financeira e empresarial de Caixa Galicia.

Príncipe razoa que "se eu alcalde coloco aos meus fillos no Concello de Vigo, bótanme a golpes" e conclúe que "a esquerda non pode defender a estes dous cidadáns" . Os ex-alcalde asegura que as cúpulas das caixas cometeron "gravísimos errores financeiros e deron créditos absolutamente inxustificábeis e non para o desenvolvemento de Galiza".


Cómpre ter en conta que o PSOE, entre liñas, indica que a situación financeira das caixas galegas non é a que se publicou. Así, Zapatero insistiu moito no Congreso, cando o BNG lle preguntou sobre o asunto, que cumpría asegurar a "solvencia".

En Galiza, Pachi Vázquez volveu acusar a Xunta este luns de "mentir" aos galegos. Tanto Caixanova pero, sobre todo, Caixa Galicia deron moitos créditos a importantes construtoras. Fadesa, Urazca, Astroc, Superco, Habitat, Nozar son algunhas das empresas financiadas por Caixa Galicia. O Banco de España ordenou este venres ás entidades reducir un 20 por cento o valor que estas estimaran para a súa carteira de pisos sen vender.


Príncipe insiste en que, neste contexto, "o mellor que pode pasar co das caixas é que a xente decente estea nun lado e a outra no outro lado". O ex-alcalde asegura que Caixanova está a preparar un manifesto en contra da fusión, mesmo chamando a artistas e recordándolles o apoio recibido da Fundación Caixanova.

O ex-político mesmo pon en dúbida a limpeza das eleccións nas Asembleas das Caixas. Nelas participan representantes dos impositores, particulares elexidos mediante sorteo entre os que manteñen certo saldo durante algúns anos.

"Os directores das sucursais lévanos a comer, eses compromisarios en sorteo elixen unha lista que vai a asemblea, van o día da votación acompañados do director da súa sucursal, dánlles de comer, alí págaselle a dieta de 90 euros e dinlle a quen teñen que votar", conclúe." (Galicia confidencial, 09/03/2010)

No hay comentarios: