30.3.17

El sobrino de Fraga admite la existencia de la caja B del PP: “No era una caja de Bárcenas, era una caja de PP”

"Luis Fraga es el sobrino de Manuel Fraga Iribarne, presidente fundador del PP, e íntimo amigo del extesorero del partido, Luis Bárcenas. La cota más alta que ha pisado en su trayectoria política es el Senado, donde ejerció como senador de los populares durante varios años.

Ahora, tiempo después, Luis Fraga declara en el caso Gürtel en calidad de testigo. ‘El sobrino’ ha admitido la existencia de cajas de contabilidad B en el Partido Popular, y que posiblemente utilizó dinero procedente de esas cajas en las elecciones de 2004 y 2008, cuando fue candidato al Senado por Guadalajara y Cuenca, respectivamente.

En aquellas fechas, Luis Fraga pidió dinero a su “mejor amigo” Luis Bárcenas porque se lo pedían las direcciones provinciales del PP. Fueron 3.000 y 6.000 euros de ‘donación’ para sufragar gastos (“gasolina y almuerzos”) no declarados en campaña.

Además, quizá como cortesía con su “mejor amigo”, Luis Fraga ha catalogado ‘los papeles de Bárcenas’ como ‘los papeles de Génova’, con la intención clara de señalar al partido y no al extesorero. De hecho, ha señalado que fue Álvaro Lapuerta, el extesorero y miembro activo en la gestión económica del PP, quien autorizó los pagos, aunque se hicieran ante los ojos de Bárcenas.

Por otro lado, el sobrino de Manuel Fraga asegura que no hay ninguna relación entre la caja b y las cuentas en Suiza y que siguió cobrando dinero del partido dos años después de su marcha. Una situación “habitual” en el PP, asegura."              (Agencias, Kaos en la red, 21/03/17)

"O sobriño de Manuel Fraga tira da manta coa financiación ilegal do PP.

 O ex-senador do PP Luís Fraga lembrou este martes ante o tribunal da Audiencia Nacional que xulga aos 37 acusados pola súa presunta participación na primeira época de actividades da trama Gürtel (1999-2005) que recibiu 9.000 euros da 'caixa B' do PP para sufragar os gastos das campañas de 2004 e 2008 nas súas candidaturas ao Senado por Guadalajara e Cuenca e que así aparece nos chamados "papeis de Génova".

Así o dixo o sobriño do fundador do PP Manuel Fraga, a preguntas da fiscal Concepción Sabadell, que lle preguntou se recibiu "retribucións do PP sen declarar". "Iso saíu nos chamados papeis de Génova", dixo Fraga, en referencia aos coñecidos 'papeis de Bárcenas' relativos á 'caixa B' do partido, peza recentemente reaberta polo xuíz instrutor José de la Mata.

O ex-senador, que xa recoñeceu estes pagos durante a instrución da causa ante o xuíz Pablo Ruz, explicou que pediu "directamente" a Luís Bárcenas, como xerente do partido, 3.000 euros e catro anos despois outros 6.000. Bárcenas avisoulle de que estas doazóns tiñan que ser autorizadas polo entón tesoureiro 'popular' Álvaro Lapuerta.

Neste sentido, agregou que el non asinou ningún recibo, nin levou a contabilidade do que pedía á tesouraría do partido —"probablemente gasteime máis", salientou—. Precisou que entregou este diñeiro ás sedes provinciais para sufragar os gastos das campañas, pero que tanto Bárcenas como Lapuerta tomaron apuntamentos do entregado.

Ademais, afirmou que despois de deixar o PP antes do congreso do partido en Valencia celebrado en 2008 estivo dous anos máis cobrando da formación política para que a "transición non fóra moi brusca".

"ÁS DURAS E ÁS MADURAS" CON BÁRCENAS

Doutra banda, Luís Fraga constatou que desde 1983 fixo diversos negocios co seu "mellor amigo" —co que asegurou que "está ás duras e ás maduras"— ata que en 1989 foi elixido senador e decidiu ser como un "monxe" e "deixar todos os seus negocios". Segundo dixo, Bárcenas continuou con algúns deles porque "facía negocios de todo tipo, el non pode vivir sen facer negocios".

Fraga, que comezou a súa declaración dicindo que ía contribuír "ao máximo para esclarecer os feitos", precisou que cando abriu a súa primeira conta en Suíza, o ex-tesoureiro 'popular' aínda non tiña ningún depósito no país helvético, pero que despois abriron unha conta xuntos nunha das entidades bancarias. Así mesmo, afirmou que Bárcenas tivo poderes nas súas contas e deu instrucións durante o tempo que el se "desentende" porque xa se "dedicaba á política".

Preguntado por transferencias desde a súa conta á de Bárcenas a nome da Fundación Sinequanon, Fraga apostilou que corresponde a un préstamo que lle fixo o ex-tesoureiro no ano 1995 dunha cantidade "importante" que se foi "engrosando" nos anos seguintes. Esta cantidade —que Luís Bárcenas apuntou en "un papel"— de "entre uns 15 e 20 millóns de pesetas" foi devolvéndoa cuns "intereses moi por baixo do prezo de mercado" a partir de 2006 grazas a que comezou a vender accións en bolsa.

"O MUNDO CAMBIOU"

Posteriormente, apuntou que este préstamo ía dirixido á compra dunha vivenda e que fixo os pagos en efectivo porque era "o costume" que había nas comprasvendas "no século pasado". "Hoxe o mundo cambiou, é un mundo distinto", agregou.

Sobre os seus ingresos no estranxeiro, Fraga aseverou que non os declarou nin no Senado, nin na Hacienda española ata 2012 porque non o "vía necesario" nin tiña "obrigación" de facelo. É máis, afirmou que só informou a un xestor dun dos bancos suízos da súa condición de senador e restou importancia non informar da súa posición política: "Coma se digo que son médico", ironizou.

Na sesión deste martes tamén compareceron a empregada e directora da sucursal de Caja Madrid e a directora de zona da entidade bancaria no momento que o matrimonio Luís Bárcenas e Rosalía Iglesias ingresaron 500.000 euros na conta desta procedente supostamente da venda de obras de arte. As dúas primeiras afirmaron que estas operacións non eran "sospeitosas", a pesar de que Iglesias fose ama de casa."                         (Galicia Confidencial, 21/03/17)

No hay comentarios: