14.7.08

¡¡ UY !!... ¡¡ UY, Uy, Uyyyyyy !! ¡¡¡ Las Cajas !!!... Pero si no podía ser...

O aumento da taxa de morosidade fai que Caixa Galicia venda parte dos seus créditos hipotecarios

Os problemas de liquidez, as vantaxes fiscais e os perigos de dar unha imaxe negativa cara ao público, outros dos posíbeis motivos desta operación.

Entidades financeiras de Estados Unidos e da UE relacionadas cos fondos de investimento e de capital risco están literalmente "a facer cola" para comprar activos financeiros no mercado español. A actual crise económica ofrécelles aos inversores grandes oportunidades debido aos descontos na cotización dos mesmos. (…)

Estas compañías estanse a fixar en entidades asexadas pola falta de liquidez. Unha destas últimas é Caixa Galicia. Segundo a información achegada, a firma de capital risco estadounidense Apollo adquiriu unha carteira de créditos da caixa de aforros galega, así como tamén outra do español Banco Popular.

Apuros en Caixa Galicia? Supón isto que Caixa Galicia está a pasar por apuros? Para Xosé Anxo Grandío, colaborador de Vieiros Economía, isto podería indicar que padece importantes problemas de financiamento, e que está a manexar información onde se prevé un aumento da taxa de morosidade entre os seus clientes.

"Cómpre ter en conta que este tipo de operacións só as realizan as entidades financeiras en momentos de dificultades importantes, xa que estes créditos se venden por un prezo moi por debaixo do seu importe real", sinala Grandío.

Ademais, confirmaríase que a previsión entre os expertos é que a crise lle afecte máis ao Estado Español ca a ningún outro mercado europeo, algo en que tamén inflúe a falta de liquidez nos mercados interbancarios.

"Agardamos que continúen as vendas de préstamos con posibilidades de impago", afirmaba a semana pasada Jose Christian Bertram, socio de Ashurst, nunha presentación en Londres a inversores interesados no mercado español, segundo recolle Reuters. Estes poden chegar a comprar facturas cun desconto de mesmo até un 90% do seu valor nominal.” (Vieiros, 12/07/2008)

“Standard & Poor's baja la calificación de CAM y Bancaja.

La agencia de calificación Standard & Poor's (S&P) envió ayer una seria advertencia a varias entidades financieras españolas debido al "agudo deterioro de la economía", que afecta a las inversiones crediticias ligadas al sector inmobiliario.

Las peor paradas fueron Caja Mediterráneo (CAM) y Bancaja, las dos cajas de ahorros valencianas, que vieron rebajada su calificación un nivel, de A+ a A, por su exposición al crédito inmobiliario y la aceleración de los problemas de los clientes para pagar las hipotecas. Banco Popular, Caja Madrid y Banco Pastor mantuvieron su calificación, pero la agencia rebajó su perspectiva de futuro de estable a negativa.” (El País, ed. Galicia, Economía, 08/07/2008, p. 20)

No hay comentarios: