(traductor gallego-español)
"Foi José Luís Feito o último en sair con que a avoa fuma. Para o responsable de Economía e Finanzas da patronal española a razón da actual crise que soporta o Estado é o elevado salario que perciben os traballadores españois e que, unido ó caro que resulta despedir a alguén aquí fai desto un sindiós de aquí a Nova Celandia.
O tal Feito algo debe saber no tocante a salarios xa que cobra catro: ó que percibe como responsable monetario da CEOE hai que sumar os que ingresa como presidente do lobby das autopistas españolas (ASETA), da súa homóloga europea (ASECAP) e máis do Instituto de Estudios Económicos. (...)
Polo apretado da súa axenda profesional, a súa queixa saíu o mesmo día no que se fixo público un estudo de Adecco que sitúa os salarios españois un 50% inferiores ós percibidos polos traballadores de países da contorna como Alemania, Reino Unido ou Holanda e, en xeral un 20% menos que o salario medio da UE, segundo Eurostat. Simple aritmética xustificou Feito para quen os 1.600 euros (redondeando polo baixo) de salario medio en España, segundo o INE, están na raíz de todos os nosos problemas. Son cifras “moito maiores” das percibidas en Europa. É o que ten a ditadura da aritmética. (...)
Boto unha ollada ao redor e busco entre os meus xente que chegue a eses 1.500 ao mes. Vaia por diante que non coñezo a ningún controlador aéreo. Quitando funcionarios, sóbranme dedos na man e só vexo mileuristas, aquela excepción de hai anos, agora convertida en regra e que resulta que para a patronal está na orixe de todas as desgrazas. (...)
E nós falando dos bancos e da avaricia empresarial que creron que as vacas gordas serían eternas cando a cousa era bastante máis sinxela e a solución estaba diante dos nosos fuiciños. Putos mileuristas" (Vieiros, 04/02/2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario