"Leo a Manolo Lago
en LVG despotricando contra a prima de risco e os especuladores que a
manexan en función dos seus intereses. Non vou ser eu quen lle quite a
razón. Porque a ten. (...)
O problema non é a débeda pública. O
Gráfico 1, reflicte como o nivel de endebedamento en porcentaxe do PIB,
é aínda hoxe, dos máis baixos da zona Euro. Como ben di Manolo Lago, os
xuros que pagou España en 2011 equivalen ao 2,2% do PIB, menores
incluso que os que pagou Alemaña.
Os verdadeiros males están na débeda
privada e nas entidades financeiras. É sintomático que a última
escalada na prima de risco coincidise coa nacionalización de Bankia. Si,
o mesmo sistema financeiro que Rodríguez Zapatero poñía como exemplo de
solvencia a nivel mundial e que, polo tanto, hai catro anos, cando o
resto do mundo se afanaba en sanear as súas entidades financeiras,
pensabamos que as nosas non precisaban de ningunha intervención.
E agora, tarde, mal e arrastras, tócanos facer o que non se ten feito no seu momento. O novo plan de saneamento do sistema financeiro que está deseñando o goberno de España pretende cubrir os riscos implícitos nos 300.000 millóns de euros en créditos vinculados ao sector promotor.

Trátase de dotar 25.000 millóns de euros, dos que exceptuando os que
lles corresponde poñer a Banco de Santander e BBVA, con capacidade ambos
para facer fronte a esas esixencias, o resto terá que saír das contas
públicas, ben en forma de préstamos -máis FROB-, ben pola vía da
nacionalización.
Pero, como apunta hoxe Albino Prada, tamén en LVG, a exposición ao ladrillo das nosas entidades financeiras non se deriva só do crédito promotor. É moito máis importante o volume de crédito hipotecario concedido ás familias para compra de vivenda. Máis de 600.000 millóns de euros. (...)

Cunha taxa de paro do 24,5 % e
subindo -as previsións indican que se superará amplamente o 25% en 2013-
é inevitable que a taxa de morosidade se dispare. En febreiro deste
ano, estaba xa no 8,16 %, nos mesmos niveis que en 1994. Cun problema
engadido, moi difícil de cuantificar: a morosidade oculta detrás do
refinanciamento que os bancos conceden aos morosos coa esperanza de que a
situación económica mellore e poidan facer fronte ao pago das débedas.
Si isto non ocorre, e parece que a curto prazo non ocorrerá, a
morosidade acabará aflorando de maneira exponencial. Este risco, non
provisionado, e o que se reflicte na escalada da prima de risco. Non é
baladí que o Banco Central Europeo destinase, en marzo deste ano, o 70%
do seu crédito total ao conxunto da eurozona, 263.000 millóns de euros,
á banca española.
Este é o verdadeiro cerne do problema. O peor é que, lonxe de atopar solucións, aproveitase para desmantelar o imperfecto sistema de equidade e xustiza social que se tiña construído nos últimos cincuenta anos." (A furada do trasno, 17/05/2012)

No hay comentarios:
Publicar un comentario