"(...) Si. As cousas son o que son. A actual crise financeira é
unha crise financeira é unha crise financeira é unha crise
financeira é unha crise financeira. Si. As cousas son o que
son.
¿ Por qué o BCE pode prestar diñeiro aos bancos ao 1% para
que despois estes compren bonos dos estados ao 2, 3, 4, ou 5%
?. ¿ Por qué, noutras palabras, o BCE pode financiar bancos,
axudando aos seus accionistas, eses happy few que xamais
perden, pero ten prohibido financiar directamente aos Estados ?. (...)
Non só en España, pero especialmente en España, transformouse a
débeda privada, produto do estúpido boom inmobiliario que asolou
o territorio, en déficit e débeda públicas. A través das así
chamadas políticas de austeridade por un xogo de mans, digno de
trileros, toda a política económica foi posta ao servizo de
volver a encher os petos dos bancos que tiñan, e teñen, un
enorme furado.
Ese foi o sentido do famoso rescate que
non existiu…. pero que hai que pagar. Aos inxenuos díxoselles
que viviran por riba das súas posibilidades, e moitos crérono.Por
certo, o argumento saíu do departamento de marketing do
Deustche Bank, qué curioso..(...)
A baixa de salarios, os recortes en sanidade e educación, o
adelgazamento das administracións públicas, os copagos, e unha
longa lista de medidas que enchería grosos tomos, foron
debuxadas para salvar ao capitalismo financeiro. (...)
Co que hai que quedarse, en definitiva é con isto. En España é
posible xerar un paro enorme, empobrecer a unha poboación
ferozmente, retirándolle dereitos que se daban por firmes e
establecidos, sen que se escoite o vo dunha mosca. E cando se
escoita, caso da manifestación do pasado 22-M en Madrid, todo
se reduce a unha cuestión de orde pública grazas a unha
intervención policial pensada para alterala.
É máis: en España é
posible conseguir que a xente se culpe a si mesma, no mesmo
momento en que as elites do seu país lle toman o pelo con premeditación e alevosía. É para quedar atónito, estupefacto, sorprendido ata a médula. Así estamos" (Antón Baamonde, blog, El País, 22 de abril de 2014)

No hay comentarios:
Publicar un comentario