"Colectivos vigueses levarán a cabo unha concentración
este xoves ás 16.30 horas na Farola de Urzáiz, como denuncia aos
continuos desafiuzamentos e desaloxos que seguen producíndose na cidade. (...)
Sinalan, sobre todo, dous casos: o da familia de Teis de tres
integrantes (un adulto cunha minusvalía do 49%, a súa irmá de 19 anos e a
nai de ambos, de 60) e o dunha parella do Calvario (Israel e María).
Precisamente para evitar o desaloxo de Israel e María estaba tamén
convocada unha concentración ante a súa vivenda, pero o lanzamento foi
adiado uns días, grazas ás xestións da PAH.
As entidades entenden que
este aprazamento -en principio, dunha semana- pode ser importante para
"acumular forzas, axuntar vontades e presionar as Administracións local e
a Xunta para que senten a negociar un protocolo de solución". (...)
O caso de María e Israel
María (45 anos) e Israel (42) son unha parella do Calvario, con quen
convive o seu sobriño Borja. El foi entrando e saíndo de traballos e ela
era representante comercial, pero quedou no paro hai tres anos, sobrevivindo
os tres grazas ás axudas sociais: 370 euros do subsidio de desemprego e
outros 133 da RISGA, cos que teñen que pagar 400 euros mensuais de
alugueiro, ademais da luz, auga e alimentación.
Os propietarios
da vivenda fóronlles perdoando uns recibos que hai un tempo que non
poden aboar, chegando a acumular unha débeda de 10 mil euros cos seus
caseiros. (...)" (Praza Pública, 21/01/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario