26.3.19

Atopan morta unha muller na Coruña cando ía ser desafiuzada

"O cadáver dunha muller, de idade avanzada, apareceu na mañá deste luns nun domicilio da Coruña cando ían a desahuciarla. Desde a Policía Nacional, unicamente se confirmou que se achou unha persoa morta e que, nestes momentos, non se descarta "ningunha hipótese" sobre a causa da súa morte.

"Pode ser que a morte non sexa natural, está a investigarse", indicaron as fontes policiais.

Fontes consultadas ratificaron tamén que hai unha liña de investigación aberta despois de que a comitiva xudicial descubrise o cadáver da muller, unha persoa maior que residía no número 15 da rúa Perú.

As mesmas fontes indicaron que se estaría buscando a filla da falecida, aínda que, polo momento, desde a Policía Nacional non houbo confirmación á espera de que avance a investigación."        (Galicia Confidencial, 25/03/19)


"Investigan un posible suicidio asistido na Coruña dunha persoa que ía ser desafiuzada.

 Unha muller de 71 anos foi achada morta na súa vivenda na Coruña e buscan á súa filla, que convivía con ela e que non puido ser localizada, informan a Efe fontes da investigación.

A septuaxenaria foi atopada onte sen vida no seu domicilio da rúa Perú pola comisión xudicial que ía botala da súa casa. A policía investiga o caso e despregou un dispositivo para buscar á filla da anciá porque non se descarta ningunha posibilidade, entre elas que se trate dun suicidio asistido.

De feito, esta muller deixou unha nota autoinculpándose do sucedido."            (Galicia Confidencial, 26/03/19)

No hay comentarios: