"Sanitarios que traballaron en DomusVi denuncian a utilización de morfina e diazepam ata a morte dos maiores. Nalgúns casos chegouse a cambiar o historial clínico. “O que pos podenos traer problemas”, era a contestación.
“Sedáronse a moitos pacientes e moitos pacientes morreron con sedación
cando supostamente están nunha residencia. Utilizabase morfina,
diazepam para sedalos”. Así lembra unha profesional sanitaria o seu paso
por unha residencia de DomusVi en Galicia. Fala con dureza do que viviu
durante os meses máis complicados da pandemia nunha das residencias
desta empresa: historiais clínicos modificados, pacientes que non
derivaban aos hospitais e o 061 que asinaba partes de defunción sen
entrar nas residencias.
Non quere dar o seu nome por temor a represalias pero lembra,
perfectamente, as duras condicións de traballo que tiveron que soportar
tanto eles, como os usuarios, especialmente, estes. De feito, médicos,
como enfermeiros e auxiliares que estiveron traballando duramente durante os momentos máis duros acabaron renunciando
ao tempo que denuncian as malas condicións laborais e promesas
incumpridas, entre elas, a famosa paga de 500 euros prometida por esta
empresa e que algúns non chegaron a cobrar.
“Atendimos pacientes e moitos foron sedados e non lle deron oportunidade de ir ao hospital.
A directora –do centro-- dicía que non era bo porque xa había médico
internista, pero o médico internista só está ata as 15.00 horas e
durante a fin de semana non traballa”, apunta en declaracións a Galicia
Confidencial. -"Eu penso que o paciente ten Covid", diciamos nós e a
resposta era: "pois se ten xa non se pode facer nada".
MANIPULACIÓN DE HISTORIAIS CLÍNICOS
Esta profesional tamén confirma que se lles obrigaba a cambiar os
historiais clínicos. “Nós nos partes médicos puñamos o que criamos que
tiña o paciente. Por exemplo: paciente que non come, caquéctico (persoas
que están nun estado de inmobilidade causada pola anorexia, a astenia
ou a anemia). E a min, polo menos unha vez o internista díxome que tiña que borrar o escrito.
E eu díxenlle por que tiña que facer iso e a súa resposta foi que iso
nos podía meter en problemas. A min fíxome borrar iso, pero, polo menos
eu gardei unha foto a iso que eu escribira", destaca a profesional.
Ademais de borrar cousas do historial clínico, outra das prácticas da
direccións destes centros era evitar que os familiares visitaran aos
seus maiores. "Era sempre un non rotundo", lembra. Ademais, destaca que a maioría de avós se queixaba das comidas,
e que querían ver aos seus familiares. "Hai maiores que tiñan demencia e
que agora teñen máis demencia", indica. "O que lles interesa é só o
diñeiro", lamenta. “Se foran os meus pais nunca os deixaría aí".
MORTES SEN MÉDICO
Ademais, nalgunha destas residencias, e sempre segundo esta
profesional, producíronse mortes de anciáns de noite, cando non había
ningún médico para certificar a defunción. “Cando morría de noite
chamaban ao 061 e ao mellor estaban ocupados e tocaba esperar moito
tempo. Durante ese tempo, o paciente morto permanecía no seu cuarto. E,
en moitas ocasións, os profesionais que viñan do 061 nin sequera viñeron constatar o falecemento porque lles daba medo entrar na residencia pola Covid”, sinala.
"Se a enfermeira lles dicía que era un exitus --terminoloxía médica para
referirise a unha persoa falecida--, apuntaban os datos e deixaban o
certificado na porta. Nós mesmo chegamos a dicir que o paciente podía estar perfectamente vivo e os do 061 o daban por morto porque non entraban na residencia", engade.
Tal é a impersonalidade da morte de moitos anciáns que eran tratados case como obxectos.
Tras ese certificado de morte por parte do 061, os traballadores do
centro baixaban ao falecido ao soto e alí era recollido pola funeraria
para a súa posterior incinieración. “Chegaba o coche da funeraria e xo
levaba. As súas cousas persoais tamén se recollían para darllas á
familia que viña a recollelas”, lembra.
TRATO AOS PROFESIONAIS
O trato recibido por moitos profesionais non era mellor que o dos
usuarios. Así, lembra que tanto a directora como o médico internista do
centro no que traballaba eran “mal educados” con auxiliares, enfermeiros
e médicas. "Son abusadores. Hai que facer como eles din. Pensan máis por eles que polos avós.
Ás veces, os maiores queixábanse de que non tiñan toallas e ela –a
directora-- dicía que se queixan por todo e cando eu estaba había moitas
toallas rotas... Eran tanta as queixas que os propios familiares tiñan
que chamar". (Xurxo Salgado, Galicia Confidencial, 10/08/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario