"A caída de prezo do petróleo, a depreciación do euro fronte ao dólar e
a decisión do Banco Central Europeo (BCE) de reanimar con tipos baixos a
economía da eurozona devolveron o optimismo a unha economía moribunda
como a española. Ningún deses tres factores ten nada que ver con
decisións políticas internas.
Dá a impresión de que España se contenta con ir tirando, vivindo ao día, en función do que outros fagan.
Pero os problemas da economía española seguen estando onde estaban: o
país produce menos do que debería para crear emprego, a súa
productividade segue sendo baixa e o seu propio modelo produtivo non
atopou o seu camiño, unha vez que abandonou á forza a vía da construción
desaforada.
A caída do prezo do petróleo é evidente que recuperará a demanda
interna, xa que os españois terán máis diñeiro nas súas mans. Un euro
máis débil tamén axudará as empresas exportadoras españolas, ao gañar en
competitividade fronte ao área dólar, pero, sobre todo, España
beneficiarase de que os seus principais socios comerciais, Alemaña e
Francia, veranse favorecidos por un euro á baixa.
Para rematar, os tipos
de interese do BCE próximos a cero son todo un maná para un país tan
endebedado como España, tanto na espera pública como privada.
A conclusión salta á vista: España debería facer os seus propios
deberes internos, lonxe de festexar estas axudas externas.
Políticamente, pode explicarse o parón das reformas polas eleccións
municipais e xenerais -ao partido do Goberno de Rajoy non lle interesa
afrontar xa máis custos-, pero economicamente o país volverá pagalo en
canto o petróleo volva subir, o euro se recupere e o BCE adopte unha
subida de tipos. Porque nada diso será para sempre. " (José Luis gómez, Sermos Galiza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario