7.1.19

Experta chamada polo PP avoga por non dar tratamentos a algúns pacientes con cancro e hepatite C para aforrar cartos...




"Es un problema porque se están dando tratamientos oncológicos a pacientes que no tienen más perspectiva que un par de meses por delante y estamos gastando medio millón de euros por ganar el equivalente a un año de vida ajustado por calidad".

Este é o argumento que esgrime Beatriz González López-Valcárcel para reducir gasto na sanidade pública, retirando tramentos oncolóxicos a algúns enfermos de cancro. Esta científica foi convidada polo PP para intervir na comisión de investigación sobre a sanidade, no Parlamento galego.

Para xustificar o seu posicionamento sobre a relación custo/efectividade de determinados tratamentos sanitarios, González López criticou que se estea gastando cartos na atención oncolóxica en pacientes cunha esperanza de vida limitada. "La sociedad tiene que plantearse si vale la pena o no utilizar" determinados tratamentos, afirmou.

González, sen rubor ningún, mediu o valor das vidas deses enfermos aos que propón retirar os tratamentos en medio millón de euros, que presentou como un sobrecusto para as arcas públicas.  

"Este medio millón de euros produciría muchísima más salud utilizado en otros programas", dixo.

Non quedou aí a cousa. González López tamén incluíu os enfermos de hepatice C en fase de fribrose F0 e F1, aos que propón non administrar antivirais directos, para aforrar aínda máis.  (...)

Que dixo o PP durante a comparecencia de González López? Pois que "os recortes non matan" ou que "se pode facer máis con menos [cartos]". Así o expresou o deputado e portavoz do partido conservador na comisión, Aurelio Núñez Centeno, quen colleu ese argumento da propia González López.

O representante do PP non dubidiu en recuperar tamén os argumentos da comparecente sobre a administración de tratamentos a enfermos con hepatite C para defender a xestión da Xunta na administración de medicamentos a estes doentes, trala crise polas mortes de varios pacientes que non tiveron acceso aos tratamentos e polas que hai unha causa xudicial aberta.

O deputado popular mesmo chegou dicir que "a xente pensa que non se pode morrer", reforzando a posición de González López. (...)

QUEN É BEATRIZ GONZÁLEZ LÓPEZ?

Profesora de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión na Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González é especialista en Economía de la Salud e doutora en Económicas.
Tamén é consultora internacional en México, Brasil, Arxentina, Chile, Uruguai, Costa Rica, Panamá e Mozambique. En España, para o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e para a Axencia Catalá de Avaliación de Tecnoloxías entre outras institucións.

Foi condecorada coa Cruz da Orde do Mérito Civil de Sanidade (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) en 2011; Filla adoptiva da Cidade das Palmas de GC (nomeada polo Concello da cidade) e da illa de Gran Canaria, nomeada polo Cabildo Insular de Gran Canaria en 2017; Can de prata da ciencia outorgado polo Cabildo Insular de GC (2012); e Profesora Honoris Causa da Universidade Isalud (Buenos Aires) en 2015. Tamén foi incluída no grupo das 100 mulleres máis influentes de España, grupo "pensadoras e expertas" (2017)."                     (Galicia Confidencial, 30/11/18)

No hay comentarios: