22.12.07

As novas xeracións do narco galego

"A idade dos detidos nas últimas operacións contra o narcotráfico, na súa maioría entre 20 e 35 anos, confirma aos expertos que unha nova xeración de novos preparados colleu as rendas do narcotráfico en Galicia. Aínda que non teñen un valor significativo como naquelas operacións de antano nas que os galegos "eran os que mandaban", si teñen un papel marcado dentro da cadea de distribución.

Estas xeracións deron "carpetazo" aos xa coñecidos como narcos de segunda e colleron as rendas que seguen manexando os colombianos, pero que a estes grupos de mozos non lles impiden obter un diñeiro doado, rápido e aparentemente sen problemas. (…)

Dio Eduardo Rubianes, presidente do colectivo de loita contra a droga Albatros de Vilagarcía, … defíneos como xóvenes "preparados, arriscados e sobre todo aos que lles gusta mandar e ser os amos de todo" e que na súa casa teñen máis poder que os seus propios familiares, "hai casos de pais, irmáns e mesmo avós que saben que os rapaces esconden grandes cantidades de diñeiro na casa e que logo as inverten en compras ficticias ou ilegais". (…)

Seguen alugando ou comprando pequenas embarcacións que recollen a droga nos buques nodriza e, "cada vez máis preparados coa axuda de novas tecnoloxías, esquivan ás forzas da orde e conseguen internar a droga en Galicia ou en Portugal, que logo levan a outros puntos de España". Por cada operación "lévanse entre un 20% e un 30% do valor do que transportan", que "vai en aumento segundo a onde o vaias distribuír".

Así, en Galicia o gramo de cocaína ten actualmente un valor no mercado de 50 euros e "cando chega a Madrid alcanza os 90", polo que para os novos narcos "realizar este traballo é moi doado, e se os seus propios familiares ven con iso un progreso económico importante, non lles importa nada". (…)

Segundo os expertos, un mozo nunha mesma operación de droga pode "sacarse tranquilamente varios millóns das antigas pesetas, e o problema teno despois, xa que ten que esconder ese diñeiro e darlle saída pouco a pouco". Logo chega a compra de coches caros e os excesos, "non só se dedican a distribuila, senón que eles mesmos a venden a título particular e consúmena". (…)

Así, nas últimas operacións da UDYCO, 'Pila', 'Sepia' e 'Choco', detivéronse a novos de entre 20 e 30 anos aos que se lles implica en branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico. Aos axentes sorprendeulles que o primeiro arrestado, Víctor Manuel García Paz, de 23 anos, de Vilanova de Arousa, tiña ocultos nun armario na vivenda que compartía cos seus pais e irmáns máis de 1.400.000 euros en billetes de 50, e era propietario de varios vehículos de gran cilindrada.

Miguel Ángel Fontán, de 32 anos e tamén veciño de Vilanova de Arousa, foi detido fai pouco máis dun mes, tamén por presuntas actividades de branqueo de capitais, procedentes do tráfico de drogas. O mozo puido aproveitar o coñecemento sobre como García Paz desviara os seus ingresos económicos en varios homes de palla que eran os seus propios familiares, e inverteu en propiedades inmobiliarias.

En ambos os dous casos foron arrestados pais e irmáns aos que se lles relacionou con estas operacións e converterse en homes de palla. Outro exemplo foi David Pérez Lago fillastro de Laureano Oubiña e detido o pasado ano.” (Vieiros, Europa Press - 11:30 08/04/2007)

No hay comentarios: