5.6.09

Obama: "A situación do pobo palestino é intolerábel"

"O discurso do presidente norteamericano na Universidade do Cairo foi ben recibido na ANP e mesmo en Hamas, que ve "cambios tanxíbeis".

Nunha das declaracións máis firmes sobre o asunto pronunciadas por un mandatario estadounidense, Obama tamén declarou que os EEUU "non aceptan a lexitimidade" dos asentamentos israelís e "é hora de que estes asentamentos se deteñan".
O que non fixo Obama, como xa anunciara a Casa Branca, foi presentar un plan de paz, algo que desexaban moitos dos países árabes. Tamén lles realizou esixencias aos palestinos, aos que advertiu que deben "abandonar a violencia". Despois dirixiuse en concreto a Hamas, a quen cominou a recoñecer "o dereito a existir de Israel". (Vieiros, 04/06/2009) (traductor gallego-español)

#1 hai 14 horas e 10 minutos Raimundo

"A situación do pobo palestino é intolerábel"... dixoo Obama, e polo tanto, xa é oficial.

Despois de tanto tempo, dun inmenso sufrimento... os palestinos son recoñecidos...

#12 hai 28 minutos Raimundo

#9 hispanico, voucheo explicar, o meu comentario.

Obama oficializa a postura palestina (unha delas, a de dous nacións)... e polo tanto, de agora en adiante, esa posición pesa no Congreso estadounidense.

A postura palestina e a israelí estanche a la par (mentras dure o Obama). Non na ONU no que gañaban os palestinos, ou na opinión mundial, que tamén... pero non servía de nada.

Agora sí.... Palestina existe, porque dixerono os americanos. (...)

No hay comentarios: