2.1.11

Segunda parte da entrevista a Monste Neira, especialista en prostitución e prostituta en activo



"Sen oportunidades e podendo facer moitos cartos, prostitúeste".

Neira admite abertamente que son as eivas económicas as que empuxan ás mulleres, e tamén a uns poucos homes, a se prostituír.

"Se non nos deron outras oportunidades, e temos a posibilidade de nos prostituír e facer moito diñeiro, pois facémolo. Se eu nacera noutro contexto, posiblemente non me houbera prostituído e posiblemente hoxe sería abolicionista", recoñece ás cámaras de Tingalaranga.

As redes de trata teñen menos peso na prostitución que o transmitido nos medios. Este é un dos argumentos máis polémicos que defende esta experta. Apelando a súa experiencia en 62 locais, Neira di que "a xente emigra porque quere progresar, e se non o pode facer nas canles legais, vai tirar das canles ilegais, e pagar o que sexa; e iso non é trata, é tráfico, vailles custar máis cartos que polas vías legais, pero arríscase, porque a xente quere progresar".

Na entrevista en Santiago, Neira tamén aborda a súa labor como prostituta para persoas discapacitadas. En concreto, critica a represión sobre a súa sexualidade e apunta que hai estados como Suíza e Dinamarca que "regularon que as persoas con dependencia total e absoluta, é convínte que vaian con algunha profesional, algunha asistente sexual de discapacitados".

"O sexo é unha cousa e o amor outro, non ten que estar dogmatizado nin ideolixizado, o sexo é natural, é inherente a persoa humana, senón non sentiriamos pracer. Todo o noso corpo é potencialmente susceptíbel de sentir pracer, ten que servir para algo, polo tanto, reprimilo, non" , conlúe Neira." (Galicia Confidencial, 02/02/2010)

No hay comentarios: