"Os Comités Abertos remitiron hoxe aos medios unha foto dun cartel
publicado no taboleiro de anuncios nun centro público de Lugo. O
colectivo de estudiantes alerta que "esta aberración" é produto da nova
lei do ensino, a polémica Lei Wert. Esta norma recupera a consideración
de Relixión como unha materia máis, que contará por exemplo para o
reparto de bolsas.
"Estamos ante unha auténtica ofensiva e unha aberración que consiste en
entregarlle un cheque en branco á Igrexa Católica para facer o que
queira no ensino", argumentan os mozos. Comités asegura que se está a
violar "o principio democrático da laicidade inexcusábel das
institucións públicas".
O colectivo censurou o nome do profesor que supostamente prometeu un
10 para captar estudantes. Agora ben, os Comités sinalan que "non
teremos ningún problema en trasladarlle á Inspección Educativa o nome da
persoa de contacto, docente do Instituto público de Lugo en cuestión,
que aparece no cartaz da fotografía". (Galicia Confidencial, 28/05/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario