"(...) Economía circular
En clave económica, lembrou as numerosas xuntanzas do departamento de
Promoción Económica con diversos colectivos para tomar unha decisión
importante: a implatanción, como teñen feito numerosas cidades europeas
(algunhas vascas) de establecer unha Tarxeta Monedero para fomentar a
Economía Circular. O Concello cargará 26.000 tarxetas (para todos os
maiores de 18 anos) con 30€, e cada veciño terá que poñer outros 20 para
poder activalas e gastar en calquera dos negocios carballeses que se
adhiran á iniciativa.
O proxecto está en procedemento de adhesión aínda, e conta cunha partida
de 700.000€ (dunha remodelación dos orzamentos), o que xerá un
movemento de cartos dentro do termo municipal carballés de máis de 1
millóns de euros. (...)" (Qué pasa na costa, 23/06/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario