"(...) vostede é un dos biólogos galegos con máis experiencia no 
tema do lobo. Que lle parece o recente debate social sobre se deben 
autorizar ou non batidas para controlar unha poboación ante o suposto 
aumento de ataques aos rebaños?
É un tema controvertido, mesmo a nivel de persoas expertas. En dúas 
liñas é difícil explicar os factores implicados e cómo interactúan. O 
que si podo afirmar con rotundidade é que a protección estrita do lobo 
nos depararía un escenario moito máis adverso antes de cinco anos.
 E 
tamén, rotundamente, que hai que perseguir e acabar con esas escenas 
macabras de animais pendurados para facer dano a terceiras persoas. Son 
provocacións que restan forza e credibilidade a posicións que se deben 
defender por vías de sensatez. 
Neste conflito, a polarización ven 
ocasionada por referentes sociais que deberían controlar o seu nivel de 
testosterona."            
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario