20.6.12

Culpables... Do buraco negro da banca española -de momento Bankia, Catalunya Caixa e Novagalicia Banco, pero sairán máis- non ten culpa nin Europa nin os mercados

"Agora que xa estamos á beira do abismo, hoxe a prima de risco chegou ata os 547 puntos para pechar en 533, e o diferencial do tipo de interese co bono alemán está no 6,6%, o Ibex35 rozando os 6.000 puntos, parece que empeza tomar forza a idea de que mellor saírse do euro. (...)


Os impulsores desa solución están dicindo de maneira máis ou menos explícita que a culpa de todos os nosos males a teñen Europa e os "mercados".


A realidade é ben distinta. Do buraco negro da banca española -de momento Bankia, Catalunya Caixa e Novagalicia Banco, pero sairán máis- non ten culpa nin Europa nin os mercados.


Da falta de seriedade nas contas públicas, pasando dun mes a outro, dun déficit do 6% ao 8,5%, e do 8,5% ao 8,9% -falta por contabilizar aínda a debacle municipal- non ten culpa Europa nin os mercados.


Da política económica pedestre que ven aplicando este goberno e o anterior, non ten culpa Europa nin os mercados. Un goberno serio non pode retrasar tres meses a presentación dos orzamentos co único obxectivo de intentar gañar as eleccións andaluzas. Con cinco millóns de parados, non pode facer unha reforma laboral que, coa única pretensión de darlle gusto á patronal, favorece o incremento do desemprego.


 Non se pode aplicar unha reforma fiscal en contra de todas as recomendacións que viñan de Europa. Non se pode presentar hoxe mesmo como un éxito o equilibrio orzamentario das comunidades autónomas, sen ter en conta a transferencia de 5.000 millóns de euros que lles fixo o goberno central."       (O furado do trasno, 01/06/2012)

No hay comentarios: