"A xestión de residuos e a recollida de lixo xestionada por empresas
privadas é un 71% máis cara. Sinálao o Tribunal de Contas español no
último informe que presentou, onde analiza o custo destes servizos para
os comparar con aqueloutros onde a adxudicataria é a propia
administración local, os concellos.
Así, dos 16,23 euros por habitante que desembolsa o goberno municipal para se facer cargo da limpeza das rúas, o gasto ascende até os 27,83 euros por habitante se ten que pagar unha entidade privada para que corra coa xestión. Son estes os dados promedio. Porén, nas grandes cidades esta última cifra sobe até alcanzar nalgúns casos os 32 euros por habitante.
As conclusións do organismo español non rematar aquí. A xestión pública dos servizos non só é máis barata senón que tamén é de mellor calidade, recoñece o Tribunal de Contas. No rural e nas localidades pequenas é a xestión pública a que garante o mantemento de 36 papeleiras por cada cen habitantes, namentres a xestión privada só garante seis.
De novo a xestión directa por parte da administración local é a que sae máis á conta para o erario público ao custar 42,55 euros por habitante, fronte aos 53,90 que levarían as mans privadas. Canto maior é a localidade máis barato é o servizo, mais namentres a xestión pública baixa para os 37,54 euros, o servizo privatizado mantense nos 52,33 por habitante.
Estas diferencias na calidade e nas cantidades que agora demostra de maneira oficial o Tribunal de Contas español levara xa a algunhas cidades do Estado, coma a de León, a recuperar para a xestión pública a recollida de residuos e a limpeza, obtendo desta maneira un aforro de perto de oito millóns de euros a respeito do que lle custaba ao concello o servizo privatizado." (Sermos Galiza, 31/12/2013)

No hay comentarios:
Publicar un comentario