"Con data do 29 de decembro a Fiscalía de Compostela denunciou o
Sergas perante o "xulgado de garda" por presunta responsabilidade penal
dos seus responsábeis na xestión dos fármacos contra a Hepatite C.
No concreto, a denuncia débese a que o Sergas non tería facilitado
estes medicamentos a determinados doentes polo que causaron a morte de
cando menos tres persoas.
Os feitos foran denunciados no mes de marzo polo colectivo médico Batas Brancas e, a partir desa demanda, a Fiscalía iniciou un proceso de investigación.
Segundo Batas Brancas, do acontecido "pode deducirse claramente a existencia dunha infracción penal" pois a subcomisión que debía autorizar a prescrición destes fármacos
e que, naquela altura, estaba presidida polo actuar xerente do CHUVI,
Félix Rubial, non autorizou o uso dos novos tratamentos solicitados por
especialistas, de acordo co protocolo aprobado polo Ministerio de
Sanidade.
Algunhas das persoas solicitantes, como unha doente da Coruña,
morreron mentres agardaban pola autorización. O Sergas deberá agora
explicar que criterior rexían a aprobación ou denegación dos tratamentos para derimir que grao de responsabilidade ten a Xunta no falecemento destas persoas. " (Sermos Galiza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario