"O do 15M foi un movemento espontáneo, non manipulado, pero si xerarquizado, que medrou grazas á difusión e viralidade das redes sociais. Isto é o que se deduce do estudo realizado polo Instituto de Investigación Biocomputación y Física de Sistemas Complejos (BIFI) da Universidade de Zaragoza e pola empresa zaragozana Cierzo Development. (...)
"A gran maioría dos nodos non son determinantes para que a rede funcione mentres que uns poucos nodos relevantes a cohesionan. Aínda que moitos usuarios deixasen de participar, a rede do 15M permanecería xa que o 10% dos usuarios xeraron o 52% das mensaxes. Obsérvase que uns poucos usuarios propagan a información a moitos, mentres que a gran maioría só pasa a mensaxe a uns poucos. Isto tamén se detecta na recepción de mensaxes e existen uns poucos nodos que reciben a maioría das mensaxes", salientan.
Os investigadores puideron medir como evolucionou o tamaño da rede en internet sobre o movemento 15M. A salientar:
- Na data do inicio do estudo, o 25 de abril, a rede era relativamente pequena e só contaba con 2.123 usuarios.
- Coincidindo co inicio da acampada na Porta do Sol, cara ao 15 de maio, creceu moi rapidamente ata acadar case o tamaño actual en moi poucos días.
- O día 15M pertencían 4.544 persoas e o día 22, data das eleccións, xa había 45.731 persoas. A partir desa data, o seu posterior crecemento foi moi lento.
- Anterior ao 15M a rede estaba moito máis distribuída e pouco cohesionada cuns pequenos grupos de usuarios que se falaban entre si, pero unha vez chega o 15M, os grupos crecen enormemente en número e en actividade. " (Galicia Confidencial, 18/02/2011)

No hay comentarios:
Publicar un comentario