"(...) Este sábado José Gusmão, economista e membro da mesa de
negociación do Bloco de Esquerdas para o pacto de esquerdas, e Yolanda
Díaz, deputada de En Marea e coordenadora de Esquerda Unida, participaron en Madrid nun debate convocado pola Fundación pola Europa dos Cidadáns (FEC) baixo o título “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala”.
O incremento do salario mínimo, a actualización automática das
pensións, a recuperación da xornada de 35 horas para os funcionarios, a
reversión da privatización da TAP e das concesións de transporte
colectivos nas cidades, a fin dos acordos cos colexios privados onde
haxa escola pública, un imposto sobre as fortunas inmobiliarias, a
ampliación do dereito ao aborto, ou a posibilidade de que as parellas
gai poidan adoptar son algunhas das medidas adoptadas
polo Goberno portugués no último ano, medidas acordadas entre as tres
forzas e que van máis aló do previsto no programa do PS. (...)
Gusmão subliña que "o que estamos facendo en Portugal é moi
importante, estamos logrando cousas e ao mesmo tempo estámoslle amosando
á xente que se poden lograr cousas, o que é outra vitoria.
O que
facemos está amosando tamén os límites do proxecto europeo, e a xente
está vendo o absurdo do actual funcionamento da UE". Ademais,
sinala que se está a dar "un cambio moi importante no PS, sobre todo na
relación que establecen coas institucións europeas. Estanse convencendo
de que a única forma de facer unha política que promova o benestar dos
portugueses é facela contra Europa". (...)
"É o momento de establecer unha batalla ideolóxica coa dereita",
afirma, para a que cre imprescindible unha maior mobilización social.
"Nos primeiros anos da troika e de goberno das dereitas houbo unha
mobilización social moi importante, dos sindicatos e dos novos
movementos.
Pero no remate da lexislatura produciuse unha forte
desmobilización, que agora co goberno de esquerda se mantén. Hai un
certo estado de anestesia e de excesiva confianza no funcionamento
institucional. Neste contexto o movemento social podería acadar moitas
vitorias, a través da presión que exercese sobre o goberno do PS",
comenta.
Gusmão conclúe que "temos unha maioría de esquerdas, pero non
temos un pobo unido detrás desa maioría, sosténdoa e potenciándoa. É o
reto que temos por diante. Debe haber un movemento na rúa para que os
cambios continúen". (...)" (Praza Pública, 19/11/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario