"O 23 de febreiro de 1981 votábase no Congreso a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo como presidente do Goberno, en substitución de Adolfo Suárez, despois de que dous días antes o candidato non obtivera os votos suficientes. Ás 18.23 horas, na quenda de votación do socialista Manuel Núñez Encabo, irromperon no hemiciclo algo máis de 200 gardas civís comandados polo tenente-coronel Antonio Tejero, que interrompeu a votación ao berro de "Quieto todo el mundo!". Era o comezo do intento de Golpe de Estado do 23-F, do que hoxe fan 40 anos.
Foron uns momentos marcados por unha grande incerteza, sobre todo durante os primeiras horas, ata que ás 1.12 horas da madrugada, case sete horas despois do secuestro do Congreso, o rei Juan Carlos I interveu a través da televisión para manifestar a súa defensa da Constitución e o seu rexeitamento ao Golpe. O xeneral Milans del Bosch, que decretara o Estado de Excepción en Valencia e chegara a sacar tanques á rúa, depuxo a súa actitude ás seis da mañá e ao redor das doce do mediodía do día 24 Tejero permitiu os deputados abandonar o Congreso, antes de ser detido.
Son moitas aínda as incógnitas abertas en relación ao Golpe de Estado, sobre todo no que se refire ao papel xogado polo xeneral Alfonso Armada, moi próximo ao rei, e no que atinxe á existencia doutros plans de Golpe de Estado, en versións máis brandas, que dende había tempo viñan avogando por un golpe de man para pilotar a Transición Política doutro xeito. Ou tamén, á reacción dos Estados Unidos, que coñecido o Golpe se limitou a afirmar que o asalto ao Congreso era "un asunto interno dos españois" sobre o que non podía pronunciarse. Unhas incógnitas que se manteñen en boa medidas pola negativa dos sucesivos Gobernos a modificar a Lei de Segredos Oficiais que, de momento, manterá ocultos documentos clave sobre o 23F ata o ano 2030.
En Galicia, ao igual que no resto do Estado, esas primeiras horas foron momentos de grande angustia especialmente para os e as militantes de esquerda e nacionalistas. Houbo quen cruzou a fronteira con Portugal ou pensou en facelo o día 24 en función do desenvolvemento dos acontecementos; houbo que agachou ou mesmo destruíu documentación de partidos, sindicatos e outras organizacións que podería ter comprometido aos seus membros; e, en xeral, todos e todas tomaron algunha precaución. Houbo tamén militantes que se presentaron nas sedes das súas organizacións ou na propia Casa do Concello onde a súa formación contaba con algún representante para buscar formas de defender dende alí a democracia.
| Nome | Descrición |
|---|---|
| Abad, José | De las Juventudes Comunistas Revolucionarias. |
| Abalo Costa, Francisco | Militante nacionalista de Moaña. |
| Abalo Costa, Mariano | Militante nacionalista de Cangas. |
| Abuín de Tembra, Avelino | Galleguista de Santiago. Colaborador de Prensa. |
| Adrio Barreiro, Gonzalo | Socialista de Pontevedra. |
| Agrelo, Trigo | Dirigente de CC.OO. de Lugo. |
| Aguirre Rivas, José | Comunista orensano. |
| Allegue Aguete, Pilar | Comunista. Profesora de la UNED. |
| Alonso Campelle, Rogelio | Dirigente de CC.OO de Ferrol. |
| Alonso Montero, Jesús | Comunista radical. Profesor de Instituto en Vigo. |
| Alonso Pérez, Francisco | Militante del Bloque de Pontevedra. |
| Alonso Quintas | Comunista radical coruñés. |
| Alonso Vázquez, Carmen | Comunista orensana. |
| Álvarez López, Francisco | Izquierdista de Carral. |
| Álvarez Blázquez, Darío | Escritor vigués, izquierdista y galleguista. |
| Álvarez Domínguez, Bautista | Nacionalista radical, vive en Vigo, posee armas. |
| Álvarez Gándara, Alfonso | Abogado vigués, procede del PSG. |
| Álvarez Gómez, Santiago | Veterano líder comunista, secretario general del PCG, aunque afincado en Madrid suele venir por Galicia y es una de las personas de confianza de Carrillo. |
| Álvarez Gundín, Rosario | Nacionalista radical orensana. |
| Álvarez Pousa, Luis | Periodista de La Voz de Galicia. |
Ofrecemos a 'lista negra', tal e como foi publicada (coas descricións orixinais que incluía para cada persoa), nunha táboa interactiva. Nela aparecen nomes tan recoñecibles como os de Xosé Manuel Beiras ("Profesor de la U de Santiago, nacionalista radical, posee armas, ha ayudado a terroristas del Grapo, de gran predicamento entre la masa estudiantil"), Camilo Nogueira ("Ingeniero, profesor de Universidad, nacionalista radical"), Xosé Luís Méndez Ferrín ("Profesor y escritor de Vigo, partidario de la lucha armada, ideólogo del Grapo y de la UPG, de gran predicamento entre la juventud, posee armas. Muy peligroso"), Xesús Alonso Montero ("Comunista radical. Profesor de Instituto en Vigo") ou os nosos tres entrevistados, como Carlos Barros ("Perito industrial, comunista vigués, posee armas").
Na lista é recorrente a mención á "perigosidade" dalgún dos militantes de esquerda ou referencias á posesión de armas, máis que dubidosa nos máis dos casos. Destacan tamén algunhas referencias a dirixentes políticos do momento, como o alcalde vigués Manuel Soto ("Alcalde socialista de Vigo, ha organizado un verdadero soviet en el Ayuntamiento, tienen depósito de armas explosivos").
En conxunto, as descricións coas que aparecen as persoas 'sinaladas' nestas listas negras amosan aquelas ideoloxías e actividade que os golpistas máis odiaban e tiñan no seu punto de mira. Entre as palabras máis repetidas figuran 'socialista', 'comunista', 'nacionalista', 'CC.OO.', ademais de 'dirixente' e 'militante', pero tamén 'profesor', 'metalúrxico', 'construción', 'escritor', 'Astano', 'mestre', 'obreiro' ou 'galeguista'. Todo aquilo que o 23F perseguía e buscaba atacar."
( Marcos Pérez Pena , Praza Gal, 23/02/26)
No hay comentarios:
Publicar un comentario