"Incendios y fiestas en Extremadura
En Cáceres, con gran parte de la provincia afectada por incendios forestales y un incendio de nivel 1 a pocos kilómetros, la publicación de X (@mcristinalopezs) ha denunciado la incongruencia de celebrar fiestas con fuegos artificiales:
https://twitter.com/i/status/1956629577213816870
“Con media provincia de Cáceres calcinándose, con un incendio de
nivel 1 a pocos kilómetros. Me parece una irresponsabilidad gravísima.
Una vergüenza. Una falta total de respeto a quienes están perdiéndolo
todo, a los que están luchando contra el fuego.”
Críticas a la gestión en Castilla y León
Paralelamente, en Castilla y León, un bombero ha denunciado públicamente en la Cadena Ser la mala gestión de los incendios:
“Es un malestar que se ha extendido entre los trabajos del operativo, de no entender estas decisiones que se han tomado y que estamos en manos de gente que no tiene ni idea de gestionar un operativo. Nos vamos también a las decisiones que han tomado los directores de extinción. Esto que dice Juan sí que es cierto, que se han tenido unidades paradas en diferentes incendios, sin actuar y viendo cómo estaba ardiendo todo. No entendemos esta gestión desde la parte de la organización y la coordinación de determinados directores técnicos de extinción, que tampoco se pueden decir nombres, y sobre todo en la gestión de la Junta y los dirigentes políticos, en este caso Arranz, el director de Patrimonio Natural y Gestión Forestal de la Junta que permanece desaparecido. No se sabe absolutamente nada de él y es el principal responsable de la gestión del operativo en doce años y nuestro Consejero de Medio Ambiente Suárez Quiñones.”
El bombero evidencia la frustración dentro del operativo ante la falta de coordinación y las decisiones cuestionables que, según él, han impedido actuar de manera efectiva ante los incendios que afectan a la comunidad.
Impacto y alarma social
Estas situaciones reflejan una doble problemática: por un lado, la irresponsabilidad de ciertos sectores de la ciudadanía en Extremadura que ignoran el peligro y celebran eventos con fuegos artificiales; por otro, la percepción de descoordinación y gestión deficiente en Castilla y León, denunciada por profesionales directamente implicados en la extinción.
La combinación de incendios, decisiones cuestionadas y actitudes insensatas está generando alarma social y críticas a nivel político y ciudadano en ambas comunidades. Galici@Press se hace eco de situaciones muy similares." (Galicia Press, 17/08/25)
"Alfonso Rueda reclama máis medios ao Estado pero ten 190 prazas nos servizos antiincendios sen cubrir .
A Xunta da Galiza recoñeceu esta sexta feira a falta de medios para facer fronte á vaga de lumes. Neste sentido, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, sinalou nunhas declaracións á Radio Galega que os servizos de loita contra os incendios "comezan a desbaratarse" pola cantidade e a intensidade dos fogos. Nesta dirección, pediu comprensión á veciñanza dos núcleos afectados polos lumes que o Goberno galego non está atendendo, para centrarse noutros de "risco maior".
O mandatario galego, Alfonso Rueda, insistiu nesa mesma idea. Así, apuntou que Galiza vive unha situación "complicada" e avanzou que remitirá unha carta ao Goberno do Estado solicitando "calquera medio que haxa dispoñíbel e se poida achegar á provincia de Ourense". Precisamente, o Partido Popular rexeitara con anterioridade no Parlamento da Galiza diversas propostas da oposición para contar con máis medios no operativo contra os lumes, tendo sen cubrir a Xunta da Galiza máis de 198 prazas do servizo de incendios.
A falta de persoal nas brigadas forestais foi denunciada esta sexta feira por sindicatos e traballadores. Así, o sindicato CSIF alertou "da grave situación no servizo de extinción pola falta de cobertura de 200 postos" no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF). De feito a Secretaría Xeral da Consellaría de Rural abriu onte un procedemento para a cobertura urxente de 198 postos. Ao tempo, membros dos equipos contra o lume da Xunta da Galiza apuntaron a Nós Diario que "hai helicópteros parados por carecer de tripulación, xa que polo normativa de aviación civil, cada piloto só pode facer 80 horas de voo nos últimos 28 días".
O persoal do operativo contra o lume consultado por este medio amosouse moi crítico co Goberno galego. Neste sentido, desvelou que "o operativo está descontrolado, non hai plan, sobre a marcha obrigan a facer cambios e isto está sendo un absoluto descontrol que nos xera un frustración moi grande". A este respecto, ligou "a vaga de lumes ao abandono do medio rural en xeral e do monte en particular" e apostou por "un cambio na política forestal como único modo de acabar con isto".
A falta de medios deixouse notar tamén naqueles concellos máis afectados polos incendios. Así, o alcalde de Monterrei, na comarca homónima, José Luis Suárez (PP), explicou a Nós Diario que "aquí hai 15 núcleos e arderon os 15, ardeu todo o concello e cando pensabamos que estaban apagados volvían arden porque non se apagaban ben". Neste punto, asegurou que "hai tantos lumes na zona que non hai persoal para atendelos. Eu nunca vin nada igual, mesturáronse moitas cousas, pero sobre todo hai moito abandono no rural".
"Hai que darlle unha volta ao modelo forestal", indicou Suárez, quen significou que "o lume procede sempre das zonas abandonadas". Ao tempo, apuntou que "hai que limpar ao redor dos núcleos" e amosou os seus desexos de que "os incendios nos axuden a recapacitar, porque este é un traballo de todos, do meu partido, o PP, e dos partidos da oposición, para sacar o debate dos lumes da batalla partidista e enfrontar xuntos esta situación".
A Caridade, no municipio de Monterrei, é un dos epicentros da traxedia provocada polos incendios na Galiza. Un veciño da parroquia, que pasou a xornada do 13 de agosto loitando contra os lumes, Luis Juan Damea , indicou a Nós Diario que "aquí hai xente que o perdeu todo, queimáronse casas, animais e coches" e criticou a falta de medios para facer fronte aos fogos, sinalando que "non había medios aéreos, só había unha brigada e non había coordinación algunha". Nesta dirección, destacou que "foi a veciñanza quen se enfrontou aos lumes".
A veciña parroquia de Albarellos (Monterrei) é outra das devastadas polos incendios. Un veciño da mesma que participou estes días nos traballos de extinción, Óscar Núnez, recoñeceu a Nós Diario que "como este ano nunca se viu un lume así" e advertiu de que "os montes están moi perto das casas e non están feitas as faixas de seguridade ao redor das vivendas", en referencia ao incumprimento da normativa que impide plantar árbores a 50 metros dos inmóbeis de uso residencial.
"Hai un mala xestión por parte da Xunta", asegurou Núñez, quen apuntou que "os lumes apáganse no inverno con prevención e rozando e isto non se fixo". Na mesma dirección, denunciou que "a veciñanza só contou coa axuda dunha brigada pero nunca con medios aéreos, que estiveron ausentes até o punto de que desde a terza feira só pasaron por aquí dous helicópteros e unha avioneta".
O alcalde da Mezquita (comarca de Viana), Rafael Pérez (BNG), denunciou esta sexta feira a falta de medios. En declaracións a Nós Diario, aseverou: "Sentímonos abandonados pola Consellaría de Medio Rural, non só porque non puxeran medidas ao noso dispor para combater o lume, tras recoñecer desde a Xunta que carecían deles, senón porque nin contestaban ás nosas chamadas nin pasaban información. botamos dous días loitando contra o lume en Santigoso sen ningún medio da Xunta".
"Só o pobo salva ao pobo", asegurou Pérez, quen quixo "agradecer á veciñanza o labor desenvolvido estes días na loita contra o lume, onde se chegaron a xuntar 300 voluntarios". Ao tempo, demandou unha nova política forestal que "pase pola prevención" e reclamou un "modelo forestal que poña en valor a actividade agraria e o monte".
Vilardevós, na comarca de Verín, con Monterrei e A Mezquita, é outro dos municipios máis afectados polos incendios. Neste caso, a alcaldesa, Eva Pérez (PSdeG), lembrou a Nós Diario que "os veciños estivemos sós apagando os lumes en Trasigrexa e na Veiga de Meá" e lamentou "a falta de medios aéreos". Neste sentido, reclamou "ir todos a unha, Xunta, Estado, Deputación para facer unha nova política forestal e salvar o pouco que nos queda despois desta traxedia".
BNG e PSdeG valaron esta sexta feira a situación xerada polos lumes. Neste sentido, a deputada nacionalista Montse Valcárcel sinalou a Nós Diario que "se confirma que o servizo contra o lume da Xunta da Galiza non estaba tan ben como viñan afirmando desde o PP nos últimos meses, ficando moitas prazas sen cubrir como demostra a convocatoria pública do Goberno galego de onte". Asemade, recordou que a súa formación "solicitou en diversas ocasións no Parlamento máis medios no último ano".
A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez demandou onte á Xunta que "informe puntualmente á cidadanía da situación dos incendios que están a arrasar Galiza" e urxiu que "diante unha situación de extrema gravidade os máximos responsábeis do Goberno galego teñen que comparecer ante os medios de comunicación dunha maneira regular, cando menos diaria”, porque a poboación ten dereito a coñecer a dimensión real da catástrofe".
A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra manifestou, tamén, esta sexta feira a súa "fonda indignación” ante a vaga de incendios. Nesta dirección, asegurou que "estas chamas non son só lume: son o reflexo do abandono institucional crónico e do desleixo da Xunta cara ás nosas xentes, aldeas e paisaxes”, afirmando que "é pura hipocrisía falar de patrimonio, mentres se deixan arder montes".
Corte as comunicacións
O impacto dos lumes deixouse sentir esta sexta feira nas comunicacións por estrada e por ferrocarril. Así, a conexión por camiño de ferro entre a Galiza e o Estado permaneceu cortada unha xornada máis, pola proximidade das lapas ás vías, sendo a primeira ocasión que unha liña de alta velocidade permanece fechada tres días no Estado. O trafico por estrada estivo interrompido na autoestrada AG-53, se ben foi restabelecido a media tarde. Ao feche desta edición, continuaban fechadas a N-120 ao seu paso por Quiroga, a N-525 e a OU-555 ao seu paso pola Gudiña (comarca de Viana).
Arden 16.000 hectáreas en Chandrexa de Queixa
O Macizo Central volveu ser unha xornada máis a zona cero dos incendios na Galiza. Ao feche desta edición, permanecían activos lumes en Chandrexa de Queixa (Terra de Trives, onde un fogo comezado hai una semana leva calcinadas 16.000 hectáreas, o que o converte no máis grande da historia da Galiza). Outro punto critico, rexistrábase en Vilardevós (comarca de Verín) con incendios nas parroquias de Vilar de Cervos, Moialde, Fumaces e a Trepa. Na mesma dirección, mantíñanse activos fogos importantes en Maceda (Allariz-Maceda), A Mezquita e Vilariño de Conso (comarca de Viana) e Oimbra (comarca de Verín). Un lume activo no concello de Larouco (Valdeorras), após saltar ao concello da Rúa provocou unha nube tóxica ao chegar o lume a un vertedoiro, o que obrigou a confinar varios núcleos de poboación e a evacuar unha residencia de maiores. Ao tempo, a Consellaría de Medio Rural mantén como activos un lume na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques (Terra de Melide), outro en Muxía (Costa da Morte) e un terceiro na parroquia do Sexo, municipio de Agolada (O Deza), que ao feche desta edición xa cruzara o río Ulla e ameazaba o concello de Santiso (Terra de Melide). Os incendios obrigaron o Goberno galego a confinar os núcleos de poboación da Madanela (Monterrei) con 122 persoas, As Casas do Monte (Oímbra) con 142 persoas e Rebordondo (Cualedro) con 60 persoas. Malia a situación dos lumes, os medio públicos dependentes do Goberno galego non elaboraron unha programación especial con directos até o comezo dos informativos á noite, o que levou o persoal da compañía a denunciar o tratamento informativo." (Xacobe Ferreiro , Nósdiario, 16/08/25)
No hay comentarios:
Publicar un comentario