28.1.16

"Os responsábeis de tomar decisións que custan vidas non poden marchar impunes"

"(...) Nos últimos anos os gobernos impuxeron unha taxa de reposición que impide as Administracións Públicas renovar o seu cadro de persoal ao mesmo ritmo ca as xubilacións. Como afectou este proceso ao SERGAS e a calidade da antención médica? 

É evidente que onde había 6 si agora hai 4, e o traballo é o mesmo ou máis, a calidade vese perxudicada pola falta de persoal. Non debería ser unha medida moi acertada cando agora xa está a tasa de reposición no 100%. Pero; quen se fai responsable do deterioro producido na calidade asistencial? 
Asmedidas que se toman a nivel político non teñen consecuencias? Claro que si pero os politicos que as toman, vanse ou son cesados e os seus actos quedan impunes. Non debería ser así.
 Debería actuar a xustiza e que os responsable de tomar decisión inxustas (e que custan vidas como a retirada da vacina da meninxite B, cun morto en Boiro......) paguen polos actos que realizaron.  Parece que a Xustiza xa o vai facer no tema da non dispensación de medicamentos para os enfermos da Hepatite C.   
Onde se notan máis os recurtes?
Por suposto, onde máis se nota é na Atención Primaria: nunca existiu lista de espera en Atención Primaria e agora a temos de 4 e 5 días, tanto para consulta como para probas diagnósticas. Incrible pero certo. (...)"                (Entrevista a José María Dios, galeno con 30 anos de experiencia,  Manuel Vilas , Galicia Confidencial, Santiago | 28/01/2016)

No hay comentarios: