6.10.24

"Hoxe en día os prezos das drogas baixaron e isto elevou as cifras de narcotráfico" (Fernando Iglesias, Aduanas)

 "(...) -Dentro das competencias que ten Vigilancia Aduanera, cal é o delito que máis se ten incrementado?   

A nivel global hai un incremento no tráfico de drogas. Hai unha baixa nos prezos e isto fai que se incremente a produción en orixe de cocaína e hachís. Isto tradúcese en que o narcotraficante vai traballar con máis cantidade porque a el vaille custar menos comprala ainda que tamén lle vai sacar menos rendemento. En 2023 o SVA apreixou 90 toneladas de cocaína. Os controis aumentaron no porto de Vigo e o ano pasado capturamos máis de 7.000 quilos de cocaína nunha operación conxunta coa Policía Nacional. 

Sobre o tabaco fanse estudos sobre a incidencia do contrabando en determinadas áreas e no caso de Galicia non temos altos números en relación ao contrabando de tabaco, mais continuamos moi activos, así o ano pasado fixemos un operativo coa Garda Civil en Muros.

 Tamén temos funcionarios despregados no aeroporto de Santiago onde se realizan algúns apreixamentos. Non temos grandes problemas co tabaco, mais iso non significa que non haxa contrabando de tabaco, cambian as formas, hoxe en día o que hai son fábricas clandestinas que se van movendo dun lugar a outro. 

Así resulta máis simple burlar os controis, traen as follas de tabaco a través das fronteiras da UE, porque hai libre circulación de mercadorías e son tratadas en fábricas que cambian de ubicación, son itinerantes. A maioría destas fábricas ilegais están vinculadas a mafias do Leste."

( Entrevista a Fernando Iglesias, xefe de Área Regional de Vigilancia Aduanera de Galicia, Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 20/09/24)

No hay comentarios: