4.11.09

Caixa Galicia... tocada... Caixa Nova... menos

(traductor gallego-español)

"A inmobiliaria valenciana Astroc foi o primeiro xigante que se probou con pés de barro no sector dos grandes magnates do ladrillo no Estado español... Caixa Galicia pilotou neses días un dos negocios dos que máis remorso haberán de ter os seus responsábeis, ao facerse co 5% de Astroc. É xustamente un máis dos problemas que lastrou a entidade galega nos últimos tempos manténdoa, en símil futbolístico, nunha terceira división a nivel estatal, afastada da media das máis estábeis do sector das que conformarían unha segunda división e moi lonxe dos números da división de honra das caixas máis saneadas.

Deslumbrada polo ritmo imparábel que Astroc marcaba no parqué bolseiro, a entidade dirixida por Xosé Luís Méndez brincaba ás portas do estoupido da burbulla no capital desta empresa. Unha cobiza que mesmo levou a caixa a encher o peto coa venda dun 1% para en breve e coa cotización disparada, volver a apañar outro 1% da inmobiliaria, confiando na imparábel subida e estabilizándose na altura de 2007 no 5% do total.

Cunha revalorización récord en 2006 e un acelerado inicio na bolsa en 2007, a caixa galega non foi quen de ventar a debacle do feble proxecto que vendía, con indubidábel sentido do márketing, o millonario Enrique Bañuelos. En abril de 2007 chegaba así metida até o pescozo no primeiro gran accidente do sector inmobiliario estatal, co desplome en bolsa de Astroc de até un 42%. Dun día para outro esvaíase un de cada dous pesos galegos inxectados no ladrillo levantino, nunha caída que sería aínda maior nas semanas posteriores. (...)

Non se trata só de meter ovos demais no cesto do ladrillo, senón de poñelos nalgún dos cestos que se revelan máis febles como o significativo caso de Astroc. Outro exemplo é o acontecido con Fadesa. Nunha nota remitida en xullo de 2008 á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a entidade galega aseguraba que non tería que realizar dotacións adicionais durante 2008 polos riscos asociados a Martinsa Fadesa. Con todo, a solicitude de concurso de acredores realizada pola construtora obrigáballe a anunciar o provisionamento cautelar de 78 millóns de euros, importe que cubría con plusvalías do primeiro semestre dese ano. (...)

En xuño de 2008, o multimillonario veciño coruñés Amancio Ortega, tsar de Inditex, desembolsaba, a través do seu Grupo Pontegadea, un total de 250 millóns de euros a cambio de 40 locais e edificios propiedade até daquela de Caixa Galicia.

Unha operación semellante á que Ortega asinou tamén co Banco Santander e pola cal Caixa Galicia pasa a ser inquilina dos inmobles, por un prazo de entre 15 e 40 anos, nunha venda con opción de recompra. Con esta operación, a entidade desprendíase de vinte propiedades en Galiza e outras tantas en diversos puntos estratéxicos de Madrid, Barcelona, Bilbo ou Valencia, entre outras cidades, minguando a algo menos de 600 o número total de edificacións e locais en propiedade ao desprenderse de arredor do 10% do seu patrimonio.

Unha situación que xorde da necesidade de liquidez e de facer caixa da que son exemplo tamén as prácticas das que lles contamos recentemente, como é o caso do aumento das comisións, as hipotecas con seguro por suba do euríbor ou a emisión de participacións preferentes, colocadas indiscriminadamente aos clientes malia os seus riscos e, no caso de Caixa Galicia, froito de advertencias desde as axencias de cualificación que avisaron do alto grao especulatico da emisión de preferentes da entidade." (Vieiros, 03/11/2009)

#13 hai 42 minutos Roxos

Esta ben o artigo, do que ningunha prensa escrita tivo atrevemento a reproducir, aínda que de seguro coñecen o que está pasando. Pero faltan datos, en Colonial Caixa Galicia cancelou 48 millóns de euros contra compra de accións, que hoxe serán a décima parte e Caixanova outros 26 millóns.
En Hábitat, tamén en concurso, Caixa Galicia é acredora por 67,5 MM e Caixanova por 3,3.
En Nozar a Caixa Galicia pillárona con outros 11 millóns de euros e en Tremón con 47 millóns.
Podería seguir, pero xa van 173 millóns só que sauiu na prensa e non quero nin pensar o que deben ocultar os balances.
Caixanova tamén esta tocada, pero menos. Aquí debería facerse limpeza dos responsabeis e como a viabilidade por separado está comprometida e antes de quedarnos sin ningunha polos intereses de supervivencia dos seus directivos, si que haberá que falar de fusión, pero sin os condicionamentos localistas da prensa dunha e outra cidade.

No hay comentarios: