20.9.26

Elif Eralp, hija de refugiados turcos, ha ganado hoy las elecciones en Berlín con el partido de izquierdas Die Linke. Arrasó entre jóvenes con 48% del voto. Frente al auge de la extrema derecha: socialización de 200.000 viviendas, límite de alquileres y combatir pisos turísticos... a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) levou ao Congreso máis de 700.000 sinaturas pedindo tres cousas, que ninguén perdese a casa e seguise debendo diñeiro de por vida, que se alongasen os contratos de aluguer, e que se movese o parque de vivenda baleira que os bancos acumulaban tras os desafiuzamentos... Trece anos despois, o 9 de setembro de 2026, a Comisión Europea presentou en Bruxelas unha Lei de Vivenda Asequible que fala de gravar as vivendas baleiras e de poñerlle freo ao aluguer turístico. Non son as mesmas palabras, pero o diagnóstico é exactamente o mesmo... O que pide Bruxelas agora xa o pedía a PAH hai trece anos... Iso si, a Comisión non pon topes ao prezo do aluguer. É a versión de mínimos do que o movemento social pedía dende hai máis dunha década (Diego Feijoo , Fonsi Loaiza)

Fonsi Loaiza @FonsiLoaiza

Elif Eralp, hija de refugiados turcos, ha ganado hoy las elecciones en Berlín con el partido de izquierdas Die Linke. Arrasó entre jóvenes con 48% del voto. Frente al auge de la extrema derecha: socialización de 200.000 viviendas, límite de alquileres y combatir pisos turísticos

7:31 p. m. · 20 sept. 2026 ·135,4 mil Visualizaciones

"O que pide Bruxelas agora xa o pedía a PAH hai trece anos

 Diego Feijoo activista pola vivienda Hai unha imaxe que o resume todo. No 2013, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) levou ao Congreso máis de 700.000 sinaturas pedindo tres cousas, que ninguén perdese a casa e seguise debendo diñeiro de por vida, que se alongasen os contratos de aluguer, e que se movese o parque de vivenda baleira que os bancos acumulaban tras os desafiuzamentos. PP e PSOE deixaron aquilo en case nada. Trece anos despois, o 9 de setembro de 2026, a Comisión Europea presentou en Bruxelas unha Lei de Vivenda Asequible que fala de gravar as vivendas baleiras e de poñerlle freo ao aluguer turístico. Non son as mesmas palabras, pero o diagnóstico é exactamente o mesmo que levaban repetindo dende os barrios dende hai máis dunha década.
Isto non quere dicir que Bruxelas se levantase un día e decidise facerlle caso á PAH. Quere dicir que a realidade, dous millóns de vivendas que faltan por construír cada ano en toda Europa, a metade da xente das cidades europeas angustiada polo prezo da súa casa, acabou por impoñerse onde antes só había boa vontade das asembleas de barrio e xordeira institucional.

Que propón exactamente Bruxelas

A vivenda segue sendo competencia de cada Estado. Bruxelas non pode dicir canto ten que custar un aluguer en Vigo. O que fai, en troques, é algo máis sutil e, curiosamente, máis útil na práctica, cando un concello queira limitar o aluguer turístico ou penalizar unha vivenda baleira, terá que demostrar que a medida é necesaria e proporcionada. Ata aquí soa a burocracia, pero o importante é o que hai detrás, iso é escudo legal. Ata agora, cando un concello como Barcelona ou Madrid tentaba poñer coto aos pisos turísticos, as plataformas tipo Airbnb levábano aos tribunais europeos alegando que se violaba a libre prestación de servizos. Con este novo marco, o concello ten agora onde agarrarse para defenderse, sempre que o xustifique con datos.

Os números que acompañan a proposta son duros: entre 2015 e 2025 o prezo da compra subiu case un 65% en toda a UE, e o do aluguer un 22%. O aluguer medio xa se leva un 40% dos ingresos dun fogar, moi por riba do terzo que se considera saudable. E o aluguer turístico, aínda que só é o 1,2% do parque de vivenda europeo, chega ao 20% en cidades como Lisboa ou Barcelona, arrastrando os prezos de todo o barrio.

Iso si, hai que ser honestos, a Comisión non pon topes ao prezo do aluguer. Aposta por construír máis, mobilizar máis de 43.000 millóns de euros xa dispoñibles, e devolver ao mercado as vivendas baleiras. É a fórmula de sempre en Bruxelas, coordinar sen impoñer. E xa hai quen protesta forte por iso, os populares no Parlamento Europeo chaman á proposta “populismo en estado puro”, e Airbnb di que é confusa. O texto aínda ten que negociarse co Parlamento e o Consello, así que o que vemos hoxe seguramente non será exactamente o que quede ao final.

O que xa dicía a PAH

Cando a PAH levou a súa lei ao Congreso en 2013, España tiña tres millóns de vivendas baleiras, un 20% do parque total, mentres miles de familias eran desafiuzadas. A plataforma xa daquela sinalaba algo que a Comisión Europea tarda trece anos en recoñecer, que un país cheo de pisos baleiros mentres a xente non ten onde vivir non é mala sorte, é o resultado dunha fiscalidade que trata a vivenda coma un investimento e non coma un dereito.

En outubro de 2025, xa en Bruxelas, a PAH volveu poñer enriba da mesa unha lista de seis medidas, prohibir os desafiuzamentos sen alternativa, limitar o uso especulativo da vivenda, impedir que os fondos de investimento compren pisos en masa, evitar que uns poucos grandes propietarios concentren o parque, expropiar vivenda baleira para uso social, e crear un parque de aluguer social ligado aos ingresos de cada familia.

Do que agora propón Bruxelas, só se recollen tres desas seis pezas, e en versión moi suavizada, o marco legal contra o aluguer turístico, a recomendación non obriga, de gravar a vivenda baleira, e o impulso á construción. Quedan fóra as pezas máis fortes, nin topes de prezo, nin medidas contra os grandes tenedores, nin expropiación real, nin nada sobre os desafiuzamentos. É a versión de mínimos do que o movemento social pedía dende hai máis dunha década.

Por que esta vez podería ser distinto

Hai catro cousas que fan esta rolda diferente das anteriores. Primeiro, hai un compromiso político sostido dun ano enteiro, dende que Von der Leyen o anunciou no seu discurso do estado da Unión. Segundo, o deseño legal é máis intelixente: en vez de chocar de fronte cos Estados, Bruxelas escolleu darlle munición xurídica aos concellos, que se converten así en aliados naturais, non só en reivindicadores. Terceiro, a presión xa non vén só das asembleas de barrio, senón dos propios concellos, atrapados entre a xente e a inseguridade legal. E cuarto, o problema xa non é só de España, é continental, e iso muda a escala política do asunto.

Pero hai tamén obstáculos reais, os países do norte de Europa desconfían de calquera fiscalidade agresiva sobre a vivenda, e a negociación no Parlamento e no Consello vai durar meses, tempo abondo para que a proposta perda forza.

Que significa para España

España chega a isto cunha Lei de Vivenda que xa recoñece zonas tensionadas, pero que depende de que cada comunidade autónoma queira aplicala. O novo marco europeo dálle aos concellos que si queiran actuar contra o aluguer turístico ou os pisos baleiros un argumento legal moito máis forte fronte aos recursos xudiciais. E reabre un debate que o Goberno español levaba evitando, gravar a vivenda baleira. De feito, o Ministerio de Vivenda aínda non dixo nin mu sobre a proposta, e ese silencio xa di bastante.

Por que paga a pena que se aplique

Recoñece, por fin, que a crise da vivenda non é un problema de xestión municipal illada, senón un negocio financeiro que opera igual en Madrid, en Lisboa ou en Berlín, e que só se pode combater con ferramentas que estean á mesma escala. Non é a solución, iso hai que dicilo claro, sen enganar a ninguén, pero é a primeira porta que se abre en trece anos despois de moitas pechadas. Aquelas familias que en 2013 levaron as súas sinaturas ao Congreso tiñan razón moito antes de que ninguén en Bruxelas quixese escoitalas. O que queda por ver é se, ademais de escoitar o diagnóstico agora, alguén está disposto a pagar o custo político de aplicar de verdade a solución." 

(Diego Feijoo , Temposdixital, 17/09/26)

No hay comentarios: