27.6.08

En la privada, me esfuerzo; en la pública, me relajo

“POLA MAÑÁ NA PÚBLICA, POLA TARDE NA PRIVADA

A dobre adicación é un dos grandes problemas do noso sistema sanitario, segundo a Asociación na Defensa da Sanidade Pública.

"Non é aceptable, sensato nin razoable que os doutores traballen nos centros públicos e nos privados", así de tallante se amosa Manuel Martín, voceiro desta asociación. A colisión de intereses é evidente e ábrese a porta á práctica de diferentes corruptelas: a desviación de pacientes, a utilización de recursos públicos para pacientes da privada, os adiantos nas listas de espera por enriba de persoas que non poden ir á consulta particular... A consecuencia é a vulneración dos dereitos dos pacientes, daqueles que non teñen unha solvencia económica como para acudir a unha consulta privada.

A solución está no cumprimento da lexislación, xa que a Lei de Incompatibilidades data do ano 1984. Neste eido, a Administración quixo poñer freo aos abusos deste tipo e en outubro do ano pasado a Consellería de Sanidade anunciou a revisión dos seus concertos con centros privados da área sanitaria de Lugo, a xeito de exemplo, para rematar coa tolerancia aos incumprimentos desta lei. Sen embargo, dende entón non volvemos saber nada do tema. A explicación é que o sector profesional, integrado polos colexios de médicos e por algúns sindicatos, é moi forte.” (Vieiros, 25/06/2008)

No hay comentarios: